Onte vivimos unha gran xornada dentro do Plan de Fomento do Hockey – Deputación de Ourense 2026 no evento SPORTUR
- Máis de 100 nenos e nenas
- 3 centros educativos participantes
- Deporte, convivencia, xogos e moito hockey durante toda a mañá
Os centros participantes nesta xornada foron:
- CEIP O Couto
- CEIP O Ruxidoiro
- CEIP Irmáns Villar
Ademais, tivemos tamén a participación da Fundación San Rosendo – Residencia Os Milagros, compartindo con nós unha mañá de deporte, inclusión e convivencia
Unha actividade que continúa achegando o hockey aos máis pequenos dentro deste programa impulsado pola Federación Galega de Hockey e financiado pola Deputación de Ourense, apostando polo deporte base e os hábitos de vida saudables.
Queremos agradecer especialmente:
- Aos centros educativos participantes
- Ao profesorado pola súa implicación
- Á Fundación San Rosendo pola súa participación
- Á @Xunta de Galicia pola súa colaboración
- E a todas as persoas que fan posible este proxecto
Seguimos sumando semanas, centros e nenos nun programa que continúa medrando por toda a provincia!
O hockey segue medrando en Ourense!




