Copa Diputación da Coruña 2022

 
Presentación da Copa Deputación da Coruña 2022, que terá lugar durante 3 fines de semana nos meses de outubro e novembro.
No acto estiveron presentes Cristina Capelán, deputada de Deportes na Deputación da Coruña; Yolanda Casanova, delegada da FGH na Coruña e Roberto Baratta, responsable de Promoción da FGH.
 
A competición engloba as categorías de preBenxamin, Benxamin, Alevin e Infantil, e disputarase nas localidades de A Coruña e de Padrón. Clubs participantes: A.D. Crito Rey Oleiros, Escola HC, Athletic Coruña HC e HC Sto Domingo de Padrón.
 

Jaime Amorín, de CH Barrocás, recibe a Distinción ao Mérito Deportivo da Xunta de Galicia

O mércores 5 de octubre, ás 17:00h, tivo lugar na igrexa de Santo Domingo de Bonaval (Santiago de Compostela), a Gala de entrega das Distincións ao mérito deportivo, otorgadas pola Xunta de Galicia.

Neste acto quérese poñer en valor a adicación e traballo a prol do deporte, para deportistas, clubs, directivos e protagonistas do deporte galego. Estiveron presentes, entre outras personalidades, o Presidente da Xunta de Galicia -Alfonso Rueda- e o Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa.

Entre as distincións deste 2022, o deporte do hóckey galego estivo representado na persoa de Jaime Amorín, presidente do Club Hockey Barrocás (Ourense). Recibe esta distinción, logo de 45 anos vinculado ao deporte ourensán e deles, máis de 30 anos vinculado ao hóckey, desde o Club Hockey Barrocás.

Un club con 32 anos de historia, cun gran traballo nas escolas de categorías inferiores e logrando durante varias tempadas ter un equipo nas máximas categorías do hóckey español, tanto na División de Honra A como na B, categoría onde hoxe milita CH Barrocás. Na modalidade de hóckey sala, o club estivo presente moitos anos na Fase Final do Campeonato de España, conquerindo varias medallas de bronce nas súas participacións.

No apartado individual, ao longo da súa traxectoria, formou parte da Xunta Directiva da Real Federación Española de Hóckey e tamén un breve periodo na Federación Galega de Hóckey. No seu club, sempre estivo en postos directivos e xunto co resto do organigrama do club, conqueriron que CH Barrocás estivese durate moitos anos na élite do hóckey español (actualmente o equipo sénior masculino milita na División de Honra B, de hóckey herba).