Archivos mensuales: marzo 2025
O Albor C.H. campión galego de Hóckey Sala Alevín
Os rapaces do Albor acadan o primeiro posto, tras impoñerse na final ao Ourenticks por 7-2, proclamándose así, no polideportivo municipal de Padrón, como Campión Galego de Hóckey Sala Alevín Xunta de Galicia.
Este campionato visitou as terras do Padrón, organizado con grande éxito polo Clube anfitrión, o H.C. Santo Domingo de Padrón e que contou coa visita de Luis Mariño do Conelleiro de Deportes do Concello de Padrón.
A clasificación final foi a seguinte:
1º Albor C.H. (Ourense)
2º OurenSticks H.C. (Ourense).
3º Escola H.C. (Coruña).
4º H.C. Santo Domingo (Padrón.
5º Athletic Coruña H.C. (Coruña).
6º A.D. Cristo Rey (Oleiros).
Noraboa a todos pola vosa participación!!!!
Galicia é Hóckey.
Cristo Rey PreBenxamín e Albor Benxamín, Campións Galegos de Hóckey Sala
O polideportivo do Ventorrillo acolleu onte, domingo día 9 de marzo, o Campionato Galego de Sala Prebenxamín e Benxamín Xunta de Galicia.
Dous campionatos que contaron coa participaión de 10 equipos, que puideron desfrutar dunha xornada de hockey, deportividade e competición.
As clasificacións finais foron as seguintes:
Galego Prebenxamín:
1º A.D. Cristo Rey (Oleiros)
2º C.H. Albor (Ourense)
3º CSA (Ourense)
4º Escola H.C. (Coruña)
Galego Benxamín:
1º C.H. Albor (Ourense)
2º A.D. Cristo Rey (Oleiros)
3º Atlántico H.C. (Vigo)
4º OurenSticks (Ourense)
5º Escola H.C. (Coruña)
6º CSA (Ourense)
Noraboa a todos!!!!
Galicia é Hóckey.
Quenda para os máis pequenos, o domingo na Coruña o Galego de Sala Prebenxamín e Benxamín
O polideportivo do Ventorrillo acolle este domingo día 9 de marzo o Campionato Galego de Sala Prebenxamín e Benxamín Xunta de Galicia.
Unha xornada de hóckey á que acoden os seguintes equipos:
En categoría Prebenxamín:
– Escola H.C. (Coruña)
– Cristo Rey (Oleiros)
– Albor C.H. (Ourense)
– CSA (Ourense)
En Benxamín:
– Escola H.C. (Coruña)
– Cristo Rey (Oleiros)
– Atlánrico H.C. (Vigo)
– Albor C.H. (Ourense)
– CSA (Ourense)
– OurenSticks (Ourense)
Moita sorte a todos!!!!
Galicia é Hóckey.
Novenas e sextos, así remataron as Seleccións Galegas Sub16 o Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas de Hóckey Herba
Dende o pasado xoves os nosos e as nosas disputaron en Alcalá la Real (Granada) o Campionato de España de Hóckey Herba de Seleccións Autonómicas.
As rapazas remataron na 9ª posición tras vencer o seu último partido por 3 a 1 fronte a Aragón.
Mentres, os rapaces, que se clasificaban para disputar o 5º posto tras vencer a Asturias por 7 a 2, pero caían fronte a Euskadi por 0 a 3, rematando así nunha meritoria 6ª posición.
Un torneo mais para gañar experiencia y disfrutar do noso deporte.
Galicia é Hóckey!!!!!


