As federacións de Andalucía, Asturias, Cantabria e Galicia inician un proceso de consulta ás persoas que forman a comunidade do hóckey dos seus territorios co obxectivo de coñecer o estado do deporte e os retos de futuro que se expoñen.
Esta acción enmárcase no proxecto de desenvolvemento dos plans estratéxicos que a Real Federación Española de Hóckey impulsa xunto ás federacións territoriais en colaboración coa consultora especializada ITIK Consultoría.
Este proceso realízase a través dunha consulta titulada ‘Enquisa de valoración e retos de futuro do hóckey no teu territorio’. Todas as persoas que forman parte da comunidade do hóckey en Andalucía, Asturias, Cantabria e Galicia están convidados a responder á enquisa.
O obxectivo da enquisa é coñecer a visión, valoración e expectativas sobre o presente e o futuro do hóckey das persoas que viven o deporte de preto en cada territorio.
Se queres podes responder á Enquisa nesta ligazón: https://form.typeform.com/to/GV1YTvff?typeform-source=rfeh.es




