Excepción deporte federado non profesional en Galicia

Achégase interpretación ditada por esta Secretaría Xeral para o Deporte aclaratoria da aplicación ao deporte federado das medidas previstas do Decreto 178/2020, do 30 de outubro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas en determinados ámbitos territoriais da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do estado de alarma declarado polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2, así como no Real Decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infecións causadas polo SARS-CoV-2.

Interpretacion Decreto 178

Comisión Xestora F.G.H.

Protocolo COVID da FGH – Actualizado Octubre 2020

O protocolo Fisicovid-DXTgalego, que xa estaba vixente desde xullo de 2020, ven de ser actualizado e certificado pola Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. Este documento da Federación Galega de Hóckey, para a práctica de Hóckey e Hóckey Sala en Galicia, polo que se establecen as medidas para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 no ámbito do deporte federado de Galicia.


Accesos aos documentos:

Certificado SXPD Protocolo COVID FGH

Protocolo COVID FGH OCT20

Anexo I ENTRENOS Protocolo COVID FGH OCT20

Anexo II COMPETICION Protocolo COVID FGH OCT20

Modelos declaración responsable Protocolo COVID FGH OCT20


Desde a FGH queremos lembrar a todos a responsabilidade individual e colectiva que temos como individuos, como responsables de equipos e clubs e como federación, de cumprir e facer cumprir estes protocolos.

Neste momento é a clave para poder desenvolver actividade competitiva. Tamén lembrar que os protocolos liquidan as distintas posibilidades, que a posibilidade de positivos esta aí, como en calquera outro ámbito social, escolar, familiar ou laboral, e que sen definitiva trátase de tomar as decisións axeitadas, aplicar os protocolos e seguir as instrucións ditadas polos organismos competentes.

 

 

Recepción das Campioas de España Sub-14 no Concello de A Coruña

A concelleira de Deportes do Concello da Coruña, Mónica Martínez, recibiu no concello as xogadoras coruñesas de hóckey herba da Selección Galega SUB-14, que gañaron o campionato de España no pasado mes de marzo. A edila deulles a noraboa tanto ás deportistas: Marta, Inés, Docha, Lola, Noa, Alba e Ainara, como ao persoal técnico do Centro de Tecnificación de Galicia na Coruña: Álvaro Rodríguez, Estíbaliz Arrugaeta e Ángel Iglesias. Martínez estivo acompañada da delegada da Coruña da Federación Galega de Hóckey, Yolanda Casanova, e do responsable da Promoción da Federación Galega Hóckey, Roberto Baratta.

Leer más