Os nosos Sub18 están disputando Campionato de España de Seleccións Autonómicas en Santander

Dende onte ata o domingo, no Complexo Municipal da Albericia en Santander, estase a disputar o Campionato de España de Hockey Herba Sub18 de Seleccions, no que Galicia está representada polas nosas seleccións masculina e feminina.

Na xornada inaugural a Selección Masculina gañaba o primeiro partido por 0-3 á selección de Aragón, con goles de Darío, Anxo e Iván Rama. E caía por 3-1 coa seleccion de Asturias.

Unha sorte parecida tiveron as rapazas da Seleccion Feminina, impoñéndose por 4-1 no primeiro partido tamén fronte Aragón, con goles de Sofía e un de Aitana, e perdendo contra Andalucía o segundo por 3-0.

Podes seguir o Campionato en streaming

Se queres ver os partidos podes velos tannto na web como na app da RFEH. Os partudos de Semifinais, 3/4 posto e as Finais serán emitidos cunha produción profesional, o resto recollerán as imaxes en vivo das cámaras con ntelixencia artificial dos campos de xogo.

Moita sorte a todos!!!!

Galicia é Hóckey.

 

En disputa a Copa Deputación de Ourense de Hóckey Herba 2025

Durante estas semanas están a celebrarse o groso dos partidos da Edición 2025 de Cópaa Deputación de Ourense. O Campo de Mariñamansa acollerá esta competición que enfrontará aos seguintes clubs, entre o que destaca como novidade a participación do Verín H.C. O resto de clubs serán: C.H. Barrocás, Albor H.C., Cidade de Ourense, CSA e OurenSticks. Moita sorte a todos e a todas. Galicia é Hóckey.