

Na presentación do torneo, participaron o xefe de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez; o asesor en Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González; o presidente da Federación Galega de Hockey, Alberto Estévez; e o director deportivo de Expourense, Mario González.

O sábado 30 de abril achegaranse a Ourense máis de dous centos de persoas, entre xogadores, técnicos, persoal federativo e público, o que agardamos sexa un éxito organizativo e de seguimento. Seis equipos masculinos/mixtos e dous femininos formarán parte da competición. Calendarios e horarios poden consultarse na nosa web.
Este Campionato galego conta coa importante colaboración da Fundación Expourense e co patrocinio de Grupo Vila Castro, que unha vez máis mostra o seu apoio ao deporte do hóckey galego.