Xa está aquí a Final 4 da Copa Galicia

Os mellores equipos absolutos masculinos e femininos do Hóckey Herba galego danse cita esta fin de semana no campo de Mariñamansa en Ourense para disputar a Final 4 da Copa Galicia.

Un torneo que xa se ten convertido na festa do hóckey galego. 

A este cita chegan, logo de clasificarse os seguintes equipos:

Masculinos: 

  • C.H. Barrocás
  • Hércules H.C.
  • OurenSticks
  • Cidade de Ourense

Femininos:

  • Athletic Coruña H.C.
  • Irmáns Villar Ourense
  • OurenSticks
  • Hércules H.C.

Os partidos darán comezo o sábado 16 ás 12:00h. A cerimonia de entrega de premios está prevista para o domingo ás 17:00h. 

Moita sorte a todos e a todas.

Galicia é Hóckey!!!

Publicado en Noticias.