Esta fin de semana será intensa, porque o domingo 24 disputarase o Campionato Galego de Hóckey Herba Cadete e Xuvenil Xunta de Galicia, tamén no Campo de Mariñamansa en Ourense.
Unha cita á que chegan os mellores equipos da tempada nas respectivas categorías.
Así, o Campionato Cadete Masculino, enfrontará ao C.H. Barrocás e o C.H. Cidade de Ourense, mentras que no cadro Feminino, os participantes serán o Albor H.C. e o Escola H.C.
E, o Campionato Xuvenil Masculino, os equipos que medirán as súas forzas son o OurenSticks e o Escola H.C.
Moita sorte a todos e a todas.
Galicia é Hóckey!!!
