Presentación do Centenario da RFEH

Onte, 15 de decembro, foi presentado en Valencia o CENTENARIO da RFEH, que terá lugar no ano 2023.
Están previstos moitos actos para conmemorar este centenario, e entre eles haberá un «Tour do Centenario», que percorrerá España para poñer en valor o hóckey de cada comunidade e a súa historia.
 
 
A cita en Galicia será o 19 de maio en Ourense, nun acto central que será a primeira etapa do «Tour do Centenario». Os embaixadores deste Centenario da RFEH, na nosa comunidade, son Bruno Fernández e Manuel Uruburu.
 
 
INFORMACIÓN ampliada na :

Escola HC Galicia Sport e CSA Ourense, campións galegos cadete hóckey sala

Disputouse a competición, en categoría masculina e feminina, o domingo 11 de decembro, no Pavillón polideportivo de Oira, en Ourense.

Clasificación campionato feminino:
Campión: Escola HC Galicia Sport
Subcampión: Villar Ourense
Tercer posto: At. Coruña HC

Clasificación campionato masculino:
Campión: CSA Ourense
Subcampión: Escola HC (A Coruña)

A fin de semana do 17-18 de decembro terán lugar os sectorres nacionais, onde participarán os 2 primeiros clasificados dos campionatos galegos, masculino e feminino. En Ourense, no polideportivo de Oira, disputarase o sector nº 4, da categoría feminina.

Sectores femininos, web da RFEH: www.rfeh.es/competiciones/campeonato-espana-cadete-femenino-sala/

Sectores masculinos, web da RFEH: www.rfeh.es/competiciones/campeonato-espana-cadete-masculino-sala/

Campionato galego hóckey sala cadete

O domingo 11 de decembro terá lugar o CAMPIONATO GALEGO de hóckey sala, masculino e feminino, na categoría cadete. Celebrarase no Pavillón polideportivo de Oira, en Ourense. 
Na categoría masculina participan os clubs: CSA Ourense e Escola HC (A Coruña).
Na categoría feminina: Villar Ourense, At. Coruña HC e Escola HC.

 

 

HORARIOS CADETE MASCULINO:
11:45 Escola HC – CSA Ourense
16:00 CSA Ourense – Escola HC

HORARIOS CADETE FEMININO:
10:30 Villar Ourense – At. Coruña HC
13:00 Escola HC – At. Coruña HC
17:15  Villar Ourense – Escola HC

 

Staff e Regulamento CeTeGa 2023

A Xunta Directiva da FGH ven de aprobar o Staff, así como actualización do regulamento de réxime interno do CeTeGa para o ano 2023.

No organigrama aprobado, existen algunhas vacantes para as que se abre un período de consultas, onde aqueles interesados/as que o consideren poderán manifestar o seu interese, e comunicalo á FGH.

As vacantes abertas son:

Team Manager: novo rol de xestión, con estas tarefas:
Coordinación e xestión de documentación das seleccións: permisos, fichas, licencias…en coordinación con Competición.
Coordinación cos xefes de expedición/equipo o papeleo administrativo
Xestión de viaxes coas axencias, plans de viaxe, organización, horarios.
Coordinación con Loxística e Material as necesidades dos equipos e centro CeTeGa.
Xestións de temas externos (fóra da parte técnica) en relación ao CeTeGa.
Disponibilade para viaxar (de ser preciso) como Xefe Expedición das seleccións autonómicas.

– Adestrador/a de porteiros/as: persona con acreditación de técnico, con polo menos o Nivel I.

 

Os interesados/as nestes postos do Staff, deben contactar vía mail: cetega@fghockey.gal
Antes do 15 Xaneiro de 2023.

 

CONSULTA DE DOCUMENTOS:

STAFF CeTeGa 2023

Regulamento interno CeTeGa 2023

 

Copa Deputación A Coruña 2022

Disputouse o sábado 3 de decembro a derradeira xornada da competición, no campo de hóckey herba de Padrón, coa participación dos clubs At Coruña HC, Escola HC e os anfitrións do Santo Domingo hóckey Padrón.

Na entrega de medallas e trofeos estiveron presentes:
Cristina Capelán, Deputada Deportes da Deputacion da Coruña.
Francisco García Dios, Concelleiro Relacions Veciñais do Concello de Padrón.
Yolanda Casanova, Delegada da FGH na provincia da Coruña.

CLASIFICACIÓNS FINAIS COPA DIPUTACIÓN A CORUÑA 2022

Benxamín mixto:
1- Escola HC
2- Santo Domingo Padrón

Alevín mixto:
1- At Coruña HC
2- CSA Ourense

Infantil masculino – Cadete feminino:
1- Escola Infantil
2- At Coruña HC Cadete Feminino
3- At Coruña HC Infantil