Padrón sede, este domingo, do Campionato Galego de Hóckey Sala Cadete

O pavillón do Grupo Escolar acolle, este domingo 25 de novembro, o Campionato Galego de Hóckey Sala Cadete Xunta de Galicia. 

Un campionato, organizado polo Escola H.C. da Coruña coa colaboración do H.C. Santo Domingo de Padrón e a Federación Galega de Hóckey.

Un torno no que se darán cita os seguintes clubes:

No cadro Feminino:

  • Albor C.H. (Ourense).
  • OurenSticks H.C. (Ourense).
  • Escola H.C. (Coruña).

No cadro Masculino:

  • Albor C.H. (Ourense).
  • Barrocás C.H. (Ourense).
  • OurenSticks H.C. (Ourense).
  • Escola H.C. (Coruña).

Moita sorte a todos!!!! Galicia é Hóckey.

 

No hóckey galego xogamos TODXS

El, ela, eles e elas… porque este deporte é de todas as persoas que o viven con paixón, respecto e ilusión.

A Federación Galega de Hockey pon en marcha o Plan de Comunicación contra a Violencia no Deporte, Igualdade e Protección do Menor, un compromiso firme para construír espazos máis seguros, inclusivos e libres de discriminación.

Queremos un hóckey onde cada voz conte, onde cada nena e neno poidan medrar en positivo, onde a igualdade sexa unha realidade e onde non haxa lugar para ningún tipo de violencia.

Xogamos todxs. Xogamos no hóckey galego.

 
 

Xa está en marcha a Copa Coruña 2025

Un ano máis estase a disputar a Copa Coruña, que porá o seu broche final no mes de decembro.

Os clunes participantes nesta edición son o Athletic Coruña H.C., Escola H.C., A.D. Cristo Rey e H.C. Santo Domingo. 

A Coruña é Hóckey.

 
 

Regresan as nosas seleccións Sub18 tras disputar o Campionato de España de Hóckey Herba

Tres días de aprendizaxe e competición ao máis alto nivel en Santander e dous meritorios 7º (masculina) e 8º (feminina) postos tráense os nosos de terras cántabras.
 
A selección masculina finaliza o torneo con 3 vitorias, fronte a Aragón, por dúas veces, e Asturias, e 3 derrotas, fronte a Cataluña, Andalucía e Asturias. Logrando finalmente o 7º posto.
 
Pola súa banda, a selección feminina, pecha a súa participación cunha vitoria fronte a Aragón, un empate #ante a Comunidade Valenciana, e catro derrotas fronte a Cataluña, Euskadi e Andalucía. Alcanzando a 8ª posición tras caer nos shootouts no partido polo 7º posto.
 
Galicia estivo representada en ambas as finais a nivel arbitral con Daniel Blanco, na Final masculina e Pilar Álvarez na feminina

Galicia é Hóckey.