Ourense, sede do Campionato de Europa Hockey sala femenino, do 21-23 xaneiro 2022

A Federación Europea de Hóckey ven de anunciar a designación das sedes dos Campionatos de Europa de Hóckey Sala 2022, recibindo a Federación Galega a mellor das noticias: a designación de Ourense como Sede do Campionato de Europa de Seleccións Femininas, a celebrar do 21 ao 23 de Xaneiro de 2022.

Non por esperada deixa de ser relevante a designación do Pazo dos Deportes como sede deste evento de máximo nivel, que traerá á cidade ás seleccións de Bélxica, Croacia, Irlanda, Lituania, Polonia, Escocia, Suíza e por suposto España como anfitrioa.

Esta candidatura foi presentada pola Federación Galega de Hóckey dentro da súa planificación 2020-2022 en colaboración coa Deputación Provincial de Ourense e o apoio da Real Federación Española de Hóckey. A proposta do Pazo dos Deportes como instalación de máximo nivel foi unha das claves da designación, así como o arraigamento do hóckey sala na cidade.

Previamente, o Pazo dos Deportes albergará en febreiro do 2021 a Fase Final do Campionato de España masculinode clubs, magnífica oportunidade para demostrar e afinar as capacidades organizativas de fronte ao compromiso Europeo.

O novo Campo de hóckey de Mariñamansa, cada vez máis perto

Tras a aprobación polo Pleno do Concello de Ourense o pasado mes de Agosto da modificación de crédito que permitía asignar ao proxecto de reforma do campo de hóckey de Mariñamansa preto de medio millón de euros, o venres 18 de setembro o Consello Municipal de Deportes aprobou por unanimidade o proxecto de reforma e actualización.

Este proxecto, parte do Plan Impacto federativo e na súa redacción a Federación Galega de Hóckey participou activamente, en colaboración coa empresa proxectista e o propio Servizo Municipal de Deportes. Inclúe a reforma completa da instalación de xogo dotándoa dun tapiz de xogo de nivel internacional, renovación completa do sistema de rego e de iluminación, proteccións perimetrais, reforma completa e ampliación de bancos e zona de xuíces segundo estándares internacionais.

Así como a dotación tecnolóxica que permite a dixitalización e control domótico de toda a instalación, incluíndo cámara de vídeo por control remoto e pantallas de marcador dixital, con sistema de megafonía, entre outras melloras. O proxecto, unha vez licitado, terá tres meses de execución e estímase poida realizarse nos meses de inverno, para que este dispoñible a súa inauguración na segunda volta das competicións.

O obxectivo é que poida acoller a celebración do Campionato de Seleccións Autonómicas Sub14 que organiza a FGH en Ourense no mes de febreiro de 2021. Esta reforma, que será certificada a nivel de Federación Internacional e Federación Española proporcionará aos equipos locais, ao Centro de Tecnificación de Galicia súa sede é esta instalación, e ao hóckey galego en xeral unha instalación de nivel internacional coas máximas comodidades e capacidades para o desenvolvemento do hóckey.

Desde a Federación Galega queremos agradecer ao Servizo Municipal de Deportes o seu total apoio e implicación, e moi especialmente ao Concelleiro de Deportes Mario Guede polo seu interese e esforzo persoal neste proxecto que, de novo, coloca a Ourense á vangarda das instalacións deportivas de máximo nivel. Tanto é así que se espera pechar a visita da Selección Absoluta para realizar as súas concentracións e amigables nun futuro próximo na nosa cidade.

PLAN CONCELLOS: acordo co Concello de Amoeiro (Ourense).

🏑HOCKEY É MOITO MÁIS🏑
Continuamos coas accións enmarcadas dentro do PLAN CONCELLOS, para levar o noso deporte a distintas poboacións e fomentar á súa promoción.
🤝 Vense de pechar un acordo entre o Concello de Amoeiro , o Club Cidade de Ourense e a FGH, para a creación dunha Escola de Hóckey na localidade.
GRAZAS ao Concello de Amoeiro pola acollida, a colaboración, e ao Club Cidade de Ourense tamén pola súa colaboración na posta en marcha desta nova Escola de Hóckey.

📷 Na foto de «familia» do acto: José Luis González, Alcalde de Amoeiro no centro, coa presidenta e director técnico do Club cidade de Ourense, e o responsable de promoción da Federación Galega de Hóckey.