Seminario de Actualización, impartido por Daniel Rodriguez, árbitro internacional galego.
Mércores 29 de Decembro
20:00 a 21:30 hrs
Salón Actos Universidade Laboral (entrada Laboral)
Programa do Seminario:
– Liñas a seguir na arbitraxe, buscando a figura do árbitro como servidor activo do xogo, como mero mediador e dinamizador do mesmo, seguindo as indicacións q marca a FIH, que á súa vez busca a forma de vender o hóckey como un produto espectacular que chame ao espectador e consiga a maior visibilidade posible.
– Isto buscase a través do dinamismo do xogo, do fomento da espectacularidade, a habilidade e a velocidade, á vez que se castiga o xogo antideportivo e o q conleva un perigo engadido para os xogadores.
Este seminario é recomendado para todos os árbitros con licenza. A FGH, a través da EGAX comeza a programar cursos e seminarios dos que os árbitros que estén en activo, terán que asistir a un mínimo de horas.
Isto forma parte dos plans de mellora en liña coas tendencias da EHF e a RFEH para os próximos anos. De forma adicional, aos técnicos rexistrados no Curso Nivel I, a asistencia a este seminario conta para o Modulo de Regulamento, polo que os que asistan completase o Módulo.