Cartaz do 68º Campeonato de España de Hóckey Sala

📣 EXTRA EXTRA!!
Presentámosvos o cartaz de próximo Campionato de España de Hóckey Sala, que terá lugar en Ourense do 5 ao 7 de febreiro de 201.
💻 Un gran traballo dos nosos colaboradores BeDo Creativos e con Xurxo Cid de Club Hóckey Barrocás como protagonista.

Non haberá acceso ao público
😷 A plicaranse rigurosamente todos os protocolos establecidos para as competicións nacionais.
🎦 Emitiranse TODOS OS PARTIDOS por Streaming, a través da canle de youtube da FGH.

O luns 1 de febreiro será a presentación oficial do Campionato, onde darémosvos todos os detalles. Estade atentos ás pantallas! 😉

Circular da Xunta de Galicia: deporte federado autonómico e estatal.

A Xunta de Galicia ven de comunicar unha Circular informativa en relación á PRÁCTICA DA ACTIVIDADE FÍSICA OU DEPORTIVA NON FEDERADA OU FEDERADA DE ÁMBITO AUTONÓMICO E ESTATAL.

Coa competición autonómica suspendida, os Clubs poden realizar adestramentos, pero con certas limitacións e protocolos.

Un RESUMEN das restriccións ao respecto sería:

  • Uso de máscaras en todo momento.
  • Distancia de al menos 1,5 metros entre os deportistas.
  • Adestramento individual ou en grupos de máximo 4 personas, sen contar o monitor/adestrador.
  • Prohibición do uso dos vestiarios e zona de duchas.
  • Desprazamentos cumprindo as limitacións de mobilidade e Horaios respetando o toque de queda.

As competicións de ámbito nacional, e os seus adestramentos, SÍ CONTAN CON EXCEPCIÓNS en canto a competición, desprazamentos e horarios.

Podedes consultar todos os detalles do documento neste PDF adxunto. 

CIRCULAR INTERPRETATIVA MEDIDAS DEPORTE XUNTA DE GALICIA

 

CH Barrocás, campión galego de Hóckey Sala, sénior masculino

Tras a disputa dos partidos de clasificación, na xornada dominical, o equipo ourensán de Club Hóckey Barrocás proclamouse Campión galego de Hóckey Salaa, categoría sénior masculino. Con este triunfo por 8 a 4 sobre CH Albor, clasifícase directamente para a Fase Final do Campionato de España, que se celebrará en Ourense do 5 ao 7 de febreiro de 2021.

O subcampión foi o equipo ourensán de Club Hóckey Albor, que disputará a próxima fin de semana unha Fase de Sector en Cantabria, buscando a clasificación para o Campionato Nacional.

Finalizado o Campionato, facemos un balance positivo logo dunha fin de semana chea de deporte, e onde o hóckey galego demostrou que é posible facer unha competición con todas as garantías sanitarias, aplicando todos os protocolos antiCovid determinados pola Secretaría Xeral para ou Deporte.

Agradecer ao Concello da Coruña a enorme colaboración e tamén a todos os Clubs, xogadores, directivos, árbitros, Staff da FHG e tamén ao público asistente, o seu comportamento e cumprimento dos protocolos.

CLASIFICACIÓN FINAL:

1. CH Barrocás

2. CH Albor

3. CH Barrocás ( B)

4. Santiago Apóstolo

5. At. Coruña HC

6. Escola HC

7. Ximnástico Cudeiro

8. Atlántico Vigo HC

Presentación do Campionato Galego no Concello da Coruña

A Coruña, 12 de xaneiro de 2021.

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, presentou esta mañá o Campionato Galego de Hóckey Sala na modalidade Senior Absoluta Masculina, que terá lugar esta fin de semana no Pazo dos Deportes de Riazor e no pavillón de Novo Mesoiro.

Logo de que na tempada pasada os equipos ourensanos quedaran arriba na clasificación co Club Hóckey Barrocás como gañador, nesta edición serán cinco equipos de Ourense –CH Barrocás, CH Albor Senior, CH Barrocás Caldaria, Gimnástico Cudeiro e Santiago Apóstol- os que se enfrontarán aos coruñeses Escola HC e Atlético Coruña e mais ao Atlántico de Vigo.

A edila destacou que por primeira vez A Coruña acollerá esta cita nun acto de presentación en que tamén participaron a delegada da Coruña da Federación Galega de Hóckey, Yolanda Casanova, e o responsable da promoción, Roberto Baratta. Ambos os responsables sinalaron que esta especialidade ten moito impacto en Galicia xa que a súa práctica non depende das condicións meteorolóxicas: “Esta entrega será a que contará con máis aspirantes en anos”, indicou Baratta.

Repartidos en dous grupos, os clubs xogarán o sábado até doce encontros dos que sairá unha clasificación previa para protagonizaren o domingo a final do campionato nunha xornada que comezará ás 09.00 horas. Deste xeito, os peor puntuados loitarán a esa hora polo sétimo posto, mentres que o quinto e o sexto lugar estarán en xogo nun segundo partido ás 10.15 horas.

Un terceiro choque despexará o “bronce” dun podium do que se saberá os equipos que ocuparán as posicións máis altas despois do último dos encontros, fixado para as 13.00 horas.

A clasificación confórmana sete clubs senior inscritos e o mellor filial que, neste caso, é o Barrocás Caldaria de Ourense. O campión galego pasará directamente a disputar o campionato nacional, que se celebrará do 5 ao 7 de febreiro en Ourense. O segundo xogará no sector de Santander e o terceiro formará parte do Sector de Cádiz.

Agradecemento ao Concello de Amoeiro

Moitas grazas ao Concello de Amoeiro pola gran colaboración coa FGH e co deporte do hóckey, en concreto na celebración da competición provincial de Hóckey Sala. As xornadas de domingo, disputáronse partidos no Polideportivo municipal de Amoeiro.

Hoxe pola mañán entregámoslle a Adolfo González, tenente alcalde, un detalle conmemorativo en agradecemento.

Burgas Ourense, campioas galegas de Hóckey Sala

O equipo ourensán proclamouse Campión galego de Hóckey Sala, na categoría senior feminino. Trala competición celebrada hoxe no Polideportivo de Oira (Ourense).

PALMARÉS:
🥇 Burgas Ourense
🥈 CH Albor
🥉 At. Coruña HC

** Resultados e clasificación no Match Center da FGH.

Na entrega de Trofeos e medallas, agradecemos a presenza de Gabriel Alén Castro, Delegado da Xunta de Galicia na provincia de Ourense.

Entrega Trofeos e medallas Copa Diputación 2020

Sábado 2 de xaneiro. Polideportivo de Oira (Ourense). Entrega de trofeos e medallas para os equipos participantes na Copa Diputación de Hóckey 2020: Ourense HC, CH Barrocás, CH Albor, Santiago Apóstol, Cidade de Ourense.

Asistiron ao acto, Rosendo Fernández (Vicepresidente Deputación de Ourense) e Bernardino González (responsable Deportes Deputación de Ourense).

CH Albor, vencedor do Triangular de Nadal

O equipo sénior feminino do CH Albor proclamouse campión do Torneo triangular de Hóckey Sala, celebrado o sábado 2 de xaneiro de 2021 no Polideportivo de Oira (Ourense).

Na segunda posición resultou o Burgas Ourense, e terceiro foron as rapazas do AT. Coruña HC. Este torneo de Nadal, serviu de antesala do Campionato galego de hóckey sala, que terá lugar en Ourense o 9 de xaneiro en Ourense.