SuperCamp da Selección española de hóckey en Ourense

Do 27 ao 31 de outubro, Ourense recibirá máis de 70 persoas, xogadores e corpo técnico das Seleccións españolas de hóckey herba absoluta e Sub21. Permanecerán na nosa cidade durante 5 días realizando un SuperCamp ou Stage, nas renovadas instalacións de Mariñamansa, que contan cunha nova superficie de xogo e melloras nos seus equipamentos. Este é un factor determinante para a elección de Ourense como sede desta concentración da selección nacional.

Leer más

Debut da selección galega Sub21 masculina

Debut da Selección galega masculina Sub21, que disputou un partido na mañán do domingo 17 de outubro, contra o combinado nacional +40.  Moi bo partido dos rapaces, que perderon 2-3 nun encontro moi disputado. 

Convocatoria selección galega masculina Sub 21

A seleccción galega masculina Sub 21 disputará un partido amigable o domingo 17 de outubro ás 9:30h no renovado campo de Mariñamansa (Ourense), contra a Selección española masculina +40, que estará a fin de semana realizando un Stage de preparación na cidade de Ourense. 

Os convocados para esta cita da Sub 21 son os seguintes:

PEDRO GAMALLO FERNANDEZ C.H. ALBOR
JAVIER GRANDE VARELA C.H. ALBOR
BRAIS SÚAREZ PARENTE (Sub 18) C.H. ALBOR
MARTÍN VALDÉS OSORIO (Sub 18) C.H. ALBOR
MIGUEL VALENCIA BOSO (Sub 18) C.H. ALBOR
ALEXIS SÚAREZ PARENTE C.H. ALBOR
DANIEL VELASCO PÉREZ C.H. ALBOR
ADRIÁN VIDAL FRANCO (P) (Sub 18) C.S.A. OURENSE
MIGUEL MOSQUERA REGUEIRO (Sub 18) C.S.A. OURENSE
IKER NUÑEZ PIÑEIRO (Sub 18) C.S.A. OURENSE
DAVID AGUIAR FERNÁDEZ C.S.A. OURENSE
SAMUEL BEMBIBRE GARCÍA C.H. CIDADE de OURENSE
DANIEL BARATTA GAGO (Sub 18) C.H. BARROCÁS
BRAIS GARCÍA RODRIGUEZ C.H. BARROCÁS
DANIEL VILAR NUÑEZ C.H. BARROCÁS
JACOBO PÉREZ IGLESIAS C.H. BARROCÁS
DYLAN QUINTAIROS CRESPO (P) C.H. BARROCÁS
JONATHAN QUINTAIROS CRESPO C.H. BARROCÁS
BRUNO A. ORTIZ LÓPEZ C.H. BARROCÁS

Stage da selección española +40 hóckey herba en Ourense

A estrea do novo campo de Mariñamansa (Ournse) ya comeza a ser referente do hóckey nacional. Como antesala ao SuperCamp da selección absoluta masculina de finais de octubre, chega a Mariñamansa o combinado nacional masculino +40, que inicia a súa preparación de cara ao Campeonato Mundial de Nottingam (UK), que terá lugar en agosto de 2022.

Nesta concentración estarán presentes 2 xogadores galegos: Javier Valencia e Pablo Baratta. O primeiro xa é un habitual desta selección e conta con varias medallas na súa conta. Lembramos05 que España é actualmente a Campiona Europea (Rotterdam, 2019) e Subcampioa mundial (Terrassa, 2018).

Do 15 ao 17 de outubro, a selección española +40 realizará adestramentos e formación técnica, tanto no campo de hóckey como nas instalacións do CeTeGa (Centro Tecnificación de Galicia).

Os partidos a disputar son os seguintes:

Sábado 16 outubro, 17:00h: España +40 – CH Barrocás

Domingo 17 outubro, 9:30h: España +40 – Selección galega Sub21

**O acceso ao público é gratuito. A asistencia ás instalacións estará condicionado á normativa e protocolos actuais en relación ao Covid19.

Presentación da Copa Deputación da Coruña de Hóckey Herba

Luns, 4 de outubro de 2021. 12:00h. Deputación Provincial da Coruña.

Tivo lugar a presentación oficial da Copa Deputación da Coruña de hóckey herba, que terá lugar no mes de novembro de 2021, nos concellos de A Coruña, Oleiros e Padrón. Esta competición centrarase nas categorías inferiores: benxamín, alevín e infantil, tanto masculino como feminino.

 

Os clubs participantes na Copa Deputación serán o Club Santo Domingo de Padrón, A.D. Cristo Rey de Oleiros, Athletic Coruña HC e Escola HC, da cidade herculina.

As datas das xornadas de competición son as seguintes:

6 de novembro, campo de Pazos, Padrón.

13 de novembro, instalación do INEF, Oleiros.

20 de novembro, campo da Torre, A Coruña.

No acto estiveron presentes Cristina Capelán, responsable da área de Deportes da Deputación da Coruña, e Roberto Baratta, responsable da área de Promocion da Federación Galega de hóckey. 

Esta nova competición supón un importante paso adiante para a promoción e difusión do deporte do hóckey, na provincia da Coruña e na comunidade autonóma. Unha acción que se enmarca dentro do Plan Impacto 2020-2022 da Federación Galega de Hóckey.

 

 

Visita institucional a Ourense da RFEH

Os días 1 e 2 de outubro estiveron en Ourense José Antonio Gil “Gilo”, Secretario xeral da Real Federación Española de Hóckey e Max Caldas, novo seleccionador da selección española absoluta de hóckey herba. A visita foi coordinada pola Federación Galega de Hóckey, que exerceu de anfitrión nas diferentes accións realizadas.

Actualmente estanse a rematar as obras de remodelación do campo de hóckey herba de Mariñamansa (Ourense), que contará cunha nova superficie de xogo, de última xeración e certificación FIH (Federación Internacional de Hóckey). Estas instalacións recibirán á Selección absoluta masculina de hóckey herba, nun “Stage” que terá lugar do 28 ao 31 de outubro.

Este evento é moi importante xa que supón a estrea do novo seleccionador Max Caldas e o comezo dun novo ciclo olímpico, denominado “Road to Paris”, para a clasificación e preparación do combinado nacional para as próximas olimpíadas Paris 2024. Durante 4 días, os mellores xogadores en categoría absoluta e Sub-21 estarán en Ourense, realizando adestramentos, partidos e diferentes actos institucionais.

Outra das xornadas de traballo centrouse no Pazo dos Deportes, que será sede do Campionato de Europa de seleccións femininas de hóckey sala, en xaneiro de 2022, coa participación do combinado nacional xunto a outras 7 seleccións europeas. Para este torneo cóntase cunha pista sintética tamén con certificación internacional, que xa foi utilizada este ano no Campionato de España masculino de hóckey sala.

¡¡GALICIA É HÓCKEY!!