O coñecido e exitoso adestrador de hóckey, José Manuel Brasa Sanjurjo (Vigo, 1951) incorpórase na estructura do CeTeGa (Centro de Tecnificación de Galicia) coma Asesor de Programas e Planificación. Unha «fichaxe» de prestixio e moi importante para lograr melloras significativas na promoción e difusión do hóckey en Galicia.
O galego José Brasa xa ten sido de todo no deporte do hóckey. Entrenador de máximo nivel nacional e internacional durante 51 anos ininterrumpidos, seleccionador nacional das 4 seleccións absolutas españolas, masculinas e femeninas, tanto en hóckey herba como en hóckey sala, gañando 12 veces o Ouro nos Campionatos de España de Hockey Sala con 4 clubs diferentes.
Logrou o Ouro olímpico en Barcelona 1992, coa selección feminina de hóckey herba, un hito histórico para o noso deporte. Tamén foi adestrador do equipo nacional de India e de Ucrania, contando con varias participacións en Xogos Olímpicos e en competicións de máximo nivel internacional. Actualmente, é adestrador en Bélxica no Old Club Liège Hóckey, actividade que compaxinará co seu traballo no CeTeGa da FGH.
Integrarase no staff técnico coa función de revisión dos contidos, plans e programación da tecnificación, nas categorías sub14, sub16 e sub18. Coordinando a planificación cos técnicos de cada categoría e cos especialistas de apoio. A súa aportación permitirá unha mellora de calidade sustantiva na formación dos técnicos, a través da Escola Galega de Adestradores.
Con esta incorporación o CeTeGa da un importante salto de calidade no seu camiño de convertirse nun Centro de Adestramento Especializado e de Alto Rendimento. !!Benvido á FGH!!
GALICIA É HÓCKEY.