Protocolo COVID FGH

Na data do 13/07/2020 a Federación Galega de Hóckey comunica á Secretaría Xeral para o Deporte o protocolo para a práctica de Hóckey.


Na data do 14/07/2020 a SXPD  certifica que o protocolo da Federación Galega de Hóckey para a práctica de Hóckey e Hóckey Sala se adecua ao disposto no protocolo Fisicovid-DXTgalego polo que se establecen as medidas para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 no ámbito do deporte federado de Galicia.


Certificacion SXPD Protocolo COVID FGH JUL20

Protocolo COVID FGH JUL20

Anexos Protocolo COVID FGH JUL20

Modelos Declaracion Responsable COVID FGH JUN20


Comisión Gestora F.G.H.

Logo FGH

A FGH estrea nova imaxe corporativa e redes sociais

Plan IMPACTO Federación Galega de Hóckey. Presentación da nova imaxe corporativa.

A Federación Galega de Hóckey, dentro do Plan Impacto 2020-22 de promoción e divulgación do hóckey herba e sala, lanza a súa nova imaxe corporativa, redeseñando o seu logotipo e marca, reorientando a súa presenza en Redes Sociais.

Esta modernización de imaxe, exprésase na adaptación ás novas canles de comunicación, así como aos mecanismos de seguimento e difusión do deporte do Hóckey en Galicia.

Estreamos contas nas principais redes sociais, onde farase unha forte labor de comunicación para a promoción do Hóckey galego.

Páxina de Facebook: www.facebook.com/federaciongalegahockey/

Perfil de Instagram: www.instagram.com/fedgallegahockey/

Canal de Youtube: www.youtube.com/channel/UCNLfbFrJqddVYithUjsjS8A

Este lanzamento pretende mellorar o posicionamento de marca da FGH, desenvolvendo unha maior presenza en medios e redes sociais, incorporando un deseño continuista pero actualizado. Máis adaptado ás novas plataformas e á identificación da Federación Galega de Hóckey coas súas raíces, a súa misión e a súa vocación de cambio e proxección.

Moitas grazas a BeDo creativos por entender desde o comezo o que precisábamos e pola súa gran colaboración. Gran traballo!!

 

Comisión Gestora FGH