Éxito da Hockey Experience na Coruña

O pasado sábado máis de 100 nenos e nenas da Coruña participaron na Hóckey Experience que se celebrou na chaira do Palacio dos Deportes de Riazor da Coruña.

Unha xornada que se desenvolveu desde as 10 da mañá ata as 6 da tarde, na que os máis novos puideron achegarse para coñecer o noso deporte dunha forma moi divertida e coa presenza de Redy, a mascota do hóckey español. 

O Concelleiro de Deportes de Coruña, Manuel José Vázquez, e o Presidente da Federación Galega de Hóckey, Roberto Baratta, non quixeron perderse esta cita.

Para o éxito deste evento, organizado conxuntamente polas federacións española e galega, foi imprescindible a colaboración dos clubs de Coruña, a do Concello da Coruña e o patrocinio de Autocares Fondo.

As nosas Seleccións Sub14 disputaron o Nacional de Autonomías

Do 21 ao 24 e marzo as Seleccións Galegas Masculina e Feminina Sub14 acudiron a Valencia para participar no Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Hóckey Herba.

Os mozos conseguiron un merecido 4º posto. Comezaban a súa participación perdendo por 10 a 0 contra Valencia. No seu segundo partido impoñíanse por 2 a 0 á selección de Aragón. O cuarto enfrontamento deparáballes unha derrota contundente fronte a Andalucía por 10 a 2. E pecharon o seu torneo caendo por 7 a 1 antes Cantabria. 

Mentres, as mozas, terminaban o campionato en 6º lugar. Empatando a uns contra Baleares, caendo por 16-0 contra Andalucía e por 0-8 ante a Comunidade Valenciana.

Sen dúbida unha experiencia única para os nosos que regresan habendo competido e aprendido.