Galicia – Ligas de Primeira División Nacional

No mes de outubro de 2022 comeza unha nova tempada 2022-23 na categoría Primeira Nacional «Liga Galega» de hóckey herba, en masculino e feminino. Na competición masculina contaremos con 8 equipos/clubs e con 4 na feminina, que disputarán primeira e segunda volta.

Nestes PDF podedes consultar o CALENDARIO provisional, xa que aínda faltan por concretar os horarios da segunda volta da competición. Os da primeira volta sí estarían OK con datas e horarios dos partidos. 

1ª DIV MASC HH

1ª DIV FEM HH

 

Escola provincial de hóckey – Pazo dos Deportes

Comeza unha nova ESCOLA DE INICIACIÓN e primeiros pasos para nen@s de 8 a 12 anos, no Pazo dos Deportes, en colaboración coa Deputación de Ourense. Con esta iniciativa, o deporte do hóckey estará presente nas «PazoEscolas Deportivas 2022», co obxectivo de seguir promocionando o noso deporte en tódolos ámbitos posibles.

HORARIO: Luns e mércores, de 19 a 20h.

INSCRICIÓNS
Para formalizar a matrícula das PazoEscolas Deportivas, as persoas interesadas poden descargar o formulario de inscrición desde internet (www.pazopacopaz.es) e entregalo na recepción do pavillón de deportes da Deputación.
Información no Pazo dos Deportes (presencialmente), no teléfono: 988 317 900 ou no mail: [email protected]

Convenio de colaboración da RFEH e FGH co CeTeGa

A Federación Galega de Hóckey e a Real Federación Española de Hóckey, chegaron a un acordo de colaboración co CeTeGa (Centro de Tecnificación de Galicia). Un CeTeGa que naceu coa intención de que os mozos xogadores con proxección nacional e/o internacional recibisen adestramentos específicos para mellorar as súas calidades técnicas. Un centro que ten a súa sede en Ourense, aínda que dispón de dúas subsedes na Coruña e Vigo.

O acordo permitirá aliñar a planificación deportiva, e colaborar na selección dos deportistas integrantes, que levará a cabo polos técnicos designados de común acordo pola Dirección Técnica da RFEH e a Dirección do CeTeGa.

Así mesmo, habilitaranse visitas periódicas dos seleccionadores nacionais ou membros da estrutura deportiva da RFEH co fin de coordinar, unificar e supervisar os criterios de adestramento tentando respectar as necesidades das seleccións nacionais e de comprobar a evolución dos xogadores previamente seleccionados.

Un acordo importante na procura de seguir fomentando a cultura do alto rendemento en todos os mozos que practican o hóckey e naqueles que o estean iniciando ou o poidan facer no futuro.