O Albor C.H. campión galego Alevín de Hóckey Herba

Onte, domingo 31 de maio, o Campo de Mariñamansa de Ourense, acolleu a celebración do Campionato Galego de Hóckey Herba Alevín Xunta de Galicia.

Un torneo ao que chegaron os mellores equipos da liga regular, estando representada toda Galicia coa participación de clubes de Ourense, Vigo, Coruña e Oleiros.

Tras a disputa dos partidos a clasificación rematou da seguinte maneira:

1º Albor C.H. (Ourense)

2º APA Oleiros (A Coruña)

3º Escola H.C. (A Coruña)

4º C.H. Barrocás (Ourense)

5º OurenSticks H.C. (Ourense)

6º Atlántico H.C. (Vigo)

Parabéns a todos e a todas e grazas pola vosa participación.