CSA Ourense masculino e Albor feminimo Campións da Copa Galicia 2024

Este domingo finalizaba no Campo de Mariñamansa, Ourense, a Copa Galicia 2024 de Hóckey Herba nos Categorías Absolutas Masculina e Feminina, Xunta de Galicia. Nesta última xornada dominical disputáronse os dous partidos polo 3er e 4º posto e a continuación as dúas Finais. 

En Categoría Feminina:

A Final enfrontou ao C.H. Albor e ao Atlántico de Vigo. Ao termo do tempo regulamentario foron as mozas do Albor as que se impuxeron por 1 a 0, resultando campioas por terceira vez, o que lles dá dereito a quedar a Copa en propiedade. 

No partido que abría a xornada, polo 3er e 4º posto, o Villar Ourense gañaba por un amplo 5 a 1 ao Athletic Coruña. 

Por tanto, a clasificación final quedou da seguinte maneira:

1º C.H. Albor

2º Atlántico Vigo.

3º Villar Ourense.

4º Athletic Coruña.

En Categoría Masculina:

A final, entre o CSA Ourense e o C.H. Albor, converteuse nun partido emocionante que terminou cun empate a cero, polo que o campión tivo que decidirse nos ShootOuts, nos que o CSA fíxose coa vitoria na morte súbita. 

O partido polo 3er e 4º posto tamén resultou moi emocionante ata o final xa que OurenSticks e o Escola A Torre, tiveron que chegar igualmente á sorte dos ShootOuts para decidir o campión, sendo os ourensáns os que se alzaron coa Copa.

Así, a clasificación final é a seguinte:

1º CSA Ourense

2º C.H. Albor

3º OurenSticks

4º Escola A Torre

A entrega de trofeos:

Tras a disputa de todos os partidos celebrouse a cerimonia de entrega de premios na que contamos coa asistencia dos seguintes representantes institucionais: Jorge Pumar, deputado da Deputación de Ourense, Manuel Pérez, xefe do servizo de deportes da Xunta de Galicia, Jose Ignacio González Pérez, segundo Tenente de Alcalde do Concello de Ourense, e Roberto Baratta, presidente da Federación Galega de Hóckey.

Unha edición máis da Copa Galicia que checa ao seu terminó con gran éxito de participación e de público.

Galicia é hóckey.

Cea do Hóckey galego 2024

A pasada noite do sábado celebrouse a tradicional cea do hóckey galego, organizada pola federación autonómica, que cumpría a súa terceira edición.

Unha cita que reuniu no comedor de Aixiña a representantes e xogadores da maioría dos clubes galegos.

A noite comezou cun repaso de Roberto Baratta, presidente da federación, ao máis destacado da tempada 2023/24. A continuación, a federación quixo facer unha mención especial a Carlota Álvarez e a Manuel Lamelas, pola súa consolidación nas respectivas seleccións nacionais. 

O acto proseguiu facendo entrega dunhas distincións a modo de agradecemento á Deputación de Ourense, que non puido acudir á cea e recollería a súa distinción o domingo en Mariñamansa, nas mans de Jorge Pumar, e outra distinción ao Servizo Municipal de Deportes do Concello de Ourense, que estivo representado por Nacho González, segundo Tenente de Alcalde, Ana Fernández Nieto, concelleira, e Chuchi Hidalgo, asesor de deportes. 

Chegou entón o momento dos premios a dúas xogadoras, Yurena Veloso e Adriana Dorribo, pola súa gran tempada e o seu papel nas seleccións galega e española.

Terminado este acto protocolario deuse paso á cea na que reinou o gran ambiente e a convivencia.

Galicia é hóckey.

Xa está aquí a Copa Galicia 2024 de Hóckey Herba

Esta fin de semana terá lugar a Copa Galicia de Hóckey Herba 2024 das Categorías Absolutas Masculina e Feminina, Xunta de Galicia.
O escenario será o Campo de Mariñamansa de Ourense para un torneo que é xa todo un clásico cando se achega o fin da tempada.
Ao longo dos partidos que se disputarán o sábado, en xornadas de mañá e tarde, así como o domingo pola mañá, que terán lugar os encontros definitivos, 4 Clubs enfrontaranse para alcanzar a Copa.
Na categoría masculina compiten: CSA Ourense, C.H. Albor, A.C. OurenSticks e Escola A Torre H.C.; mentres que na masculina farano: C.H. Albor, Ath. Coruña, Atlántico H.C. e Villar Cidade Ourense.
Moita sorte a todos e a todas. 
 

 

 

 

Os alevíns do C.H. Barrocás campións galegos de Hóckey Herba

O pasado domingo celebrouse no campo de Mariñamansa (Ourense) o Campionato Galego Alevín Mixto de Hóckey Herba Xunta de Galicia, no que se enfrontaban os equipos do C.H. Albor, o C.H. Barrocás e o OurenSticks. 

Tras a disputa dos partidos foi o Barrocás o que se impuxo a todos os seus rivais e proclamouse por tanto Campión Gallego.

Parabéns a todos os nenos e nenas pola súa participación.

O C.H. Albor campión galego infantil de hóckey sala por partida dobre

O Polideportivo Municipal de Oira, en Ourense, acolleu a celebración do Campionato Galego Infantil de Hóckey Salga Masculino e Feminino, Xunta de Galicia. 

Un torneo ao que chegaban en ambas as categorías os equipos infantís do Escola H.C. da Coruña e o C.H. Albor de Ourense.

E foi o club ourensán o que se fixo co título tanto feminino como masculino, nunha xornada na que reinou a deportividade e o bo ambiente.

Parabén aos mozos e as mozas do C.H. Albor e do Escola H.C.