EGA: Escola Galega de Adestradores

¿Que é a EGA?
A Escola Galega de Adestradores (EGA) é o órgano básico integrado no Centro de Tecnificación de Galicia (CeTeGa) da Federación Galega de Hockey. Encargado de coordinar, programar e desenvolver as ensinanzas relacionadas coa formación, capacitación e perfeccionamento de
adestradores, en distintos niveles instructivos nas especialidades deportivas de hóckey herba e hóckey sala, e os ámbitos afíns de coñecemento que estes niveles obrigan.

Será o órgano de xestión e custodia de ámbito autonómico dos requisitos, programas e convocatorias de formación así como do rexistro de titulacións de adestradores, que poidan establecer as normas e recomendacións da REFH, Federación Europea e Federación
Internacional de Hockey, así como o Ministerio de Educación y Ciencia e a Xunta de Galicia nas súas competencias.

A EGA actuará en coordinación coa Escola Nacional de Adestradores da RFEH, coas institucións docentes con recoñecemento académico oficial o por medio de convenios con Entidades en materias paralelas as recollidas nos planes de estudios.

¿Cómo funciona?
A Escola Galega de Adestradores, integrada na area de Adestradores do CeTeGa, depende da vocalía de Promoción da FGH e baixo a súa Dirección Técnica, se organiza en tres liñas de actuación:
Rexistro de Adestradores e Técnicos de Galicia
– Rexistro de obrigada inscrición para todos os técnicos galegos, para formar parte da EGA e participar das súas actividades.
– Rexistro básico para a emisión de licencias de adestradores e técnicos no ámbito da FGH.
Coordinación e organización de cursos e actividades
– Cursos regulados nos ámbitos formativos determinados pola normativa vixente.
– Outras actividades.
Contidos e materiais formativos e técnicos
– Identificación, recopilación e xeración de materiais de apoio, soporte e consulta para adestradores e técnicos.
– Apoio e coordinación cos adestradores do CeTeGa e Seleccionadores Autonómicos no desenrolo de materiais e programas para a súa aplicación no centro.

 

¿Onde son as actividades?
A EGA, como órgano integrado no CeTeGa ten a súa sede principal en Ourense, nas instalacións de hóckey de Mariñamansa, sitas na Universidade Laboral de Ourense. 
Adicionalmente se desenvolven actividades presenciais en Coruña e Vigo, así como onde sexa relevante e as instalacións o permitan.
E por suposto a EGA promoverá as actividades formativas en ámbitos virtuais e de tele presenza coando sexa posible.

¿Quén participa?
Calquera persoa interesada nos contidos, actividades e tarefas da Escola Galega de Adestradores con algún tipo de licencia da FGH ou equivalentes previa inscrición no Rexistro de Adestradores e Técnicos de Galicia, así como ó persoal nomeado pola FGH en tarefas asociadas no CeTeGa.
Ocasionalmente, persoas e institucións colaboradoras nomeadas expresamente pola dirección do CeTeGa.

Actividades
As actividades serán oportunamente comunicadas e as convocatorias emitidas tanto ás persoas rexistradas no Rexistro de Adestradores e Técnicos de Galicia como os clubs rexistrados e publicados nos medios dixitais oportunos a disposición do CeTeGa e da FGH en tempo e forma.