Escola Masculino e OurenSticks Feminino, Campións Galegos de Sala

O sábado, no Polideportivo do Ventorrillo, na Coruña, disputouse o Campionato Galego de Hóckey Sala Xuvenil Xunta de Galicia.

Unha xornada na que se enfrontaron 3 clubs no cadro masculino: Barrocás C.H., Escola H.C. e OurenSticks; e outros 3 no feminino: OurenSticks, Atlántico e Athlétic Coruña.

Tras a disputa dos partidos do campionato masculino, o Escola H.C. alzouse co primeiro posto, e clasificouse de forma directa para o Campionato de España, no que ademais xogará como anfitrión, ao acoller a celebración do mesmo A Coruña do 21 ao 23 de febreiro. O segundo clasificado, OurenSticks, acudirá ao sector previo que se celebra en Asturias do 8 ao 9 de febreiro.

Mentres, no campionato feminino, o OurenSticks obtivo unha praza no sector que terá lugar en Ourense tamén do 8 ao 9 de febreiro.

Moita sorte a todos e a todas.

Galicia é Hóckey.

 

Quenda para o Campionato Galego de Sala Xuvenil

Tras a disputa do galego absoluto, esta fin de semana chégalle a súa quenda ao Campionato Galego de Hóckey Sala Xuvenil Xunta de Galicia.

O Polideportivo do Ventorrillo na Coruña será o escenario este sábado 25 de xaneiro deste torneo que enfrontará a 3 clubes tanto no cadro masculino como no feminino.

Os clubs que medirán as súas forzas serán:

Campionato Feminino:

  • Athletic Coruña H.C.
  • OurenSticks
  • Atlántico Hóckey

Campionato Masculino:

  • Escola H.C.
  • OurenSticks 
  • C.H. Barrocás

Moitas sorte a todos e a todas.

Galicia é Hóckey.

 

C.H. Barrocás masculino e OurenSticks A feminino Campións Galegos de Sala

O domingo foi a xornada que definiu a clasificación final do Campionato Galego de Hóckey Sala Absoluto Xunta de Galicia. Desde ben cedo comezaron a disputarse partidos finais nas dúas sedes que acolleron o torneo, Oira e Pavillón de Os Remedios.

A xornada transcurriu co mesmo ambiente de deportividade e compañeirismo no que se desenvolveu todo o campionato. Na pista do Anexo do Pavillón de Os Remedios deuse cita unha amplísima cantidade de público cun cheo case absoluto para presenciar as dúas Finais, masculina e feminina.

Na final masculina o C.H. Barrocás alzouse co título ao gañar por un contundente 5-1 ao CSA Ourense. Mentres, na Final Feminina o OurenSticks A impúxose ao B por 6-1.

A Clasificación final deste Campionato quedou da seguinte maneira:

Campionato Masculino:

1º C.H. Barrocás

2º CSA Ourense

3º Hércules H.C.

4º C.H. Albor

5º Athletic Coruña

6º Ourensticks

7º Ximnástica Cudeiro

8º Atlántico H.C.

Campionato Feminino:

1º Ourensticks A

2º Ourensticks B

3º Athletic Coruña

4º Hércules H.C.

5º Villa Ourense

6º Cidade Ourense

7º Atlántico H.C.

8º Vigostick

Tras a disputa da Final Feminina tivo lugar a Cerimonia de entrega de Medallas e Trofeos, coa presenza das autoridades: Chuchi Hidalgo e Ignacio González, Asesor de Deportes e Tenente de Alcalde do Concello de Ourense, Enrique Álvarez, Asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Manuel Pérez, Xefe do Servizo de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense e Roberto Baratta, Presidente da Federación Galega de Hóckey.

Durante a Cerimonia fíxose entrega tamén dun detalle aos árbitros e técnicos que fixeron posible este campionato e outorgáronse os premios individuais:

Mellor Porteiro: César Quevedo do Hércules H.C.

Mellor Porteira: Morena Iturralde do Vigo Stick.

Máximo Goleador: Xurxo Cid do C.H. Barrocás.

Máximas Goleadoras, empatadas a goles: Lucía Lamelas de OurenSticks e Paula Sánchez do Athletic Coruña.

Cos postos alcanzados os rapaces de C.H. Barrocás e o OurenSticks masculinos xogarán o Sector Nacional no Anexo do Pavillón de Ourense o 1 e 2 de febreiro. E tamén se clasificaron para aos seus respectivos sectores CSA Ourense, Hércules H.C. e C.H. Albor.

Mentres, as rapazas do OurenSticks A acudirán ao Sector que terá lugar en Santander.

Grazas tamén a todos os equipos pola súa participación, aos árbitros e técnicos que fixeron posible este campionato, e sobre todo ao público que fixo que o Hóckey Salga brille unha vez máis.

Galicia é Hóckey.

Deixámosvos aquí unha galería cos mellores momentos das Finais e da Cermonia de entrega de Medallas e Trofeos.

E aquí outra galería de todos os equipos participantes.

 

Xa se coñecen os finalistas do Galego de Hóckey Sala

Dende esta mañá Ourense está a acoller a disputa do Campionato Galego de Hóckey Sala Xunta de Galicia, en dobre sede, o Anexo do Pavillón dos Remedios e o Polideportivo de Oira. 

A xornada foi intensa e cargada de partidos nos que brilou a deportividade e a sá competición, ademais dun amplo seguimento de público.

Tras a finalización de todos os partidos desta primeira Fase de Grupos xa coñecemos os enfrontamentos que terán lugar mañá:

Campionato Masculino:

7º e 8º Posto – 09:00H – Oira – Atlántico HC vs Ximnástica Cudeiro

5º e 6º Posto – 11:00H – Oira – Ourensticks vs Athletic Coruña

3º e 4º Posto – 09:30H – Pavillón – CH Albor vs Hércules HC

FINAL – 11:30H – Pavillón – CH Barrocás vs CSA Ourense

Campionato Feminino:

7º e 8º Posto – 10:00H – Oira – Atlántico HC Vs Vigostick

5º e 6º Posto – 12:00H – Oira – Cidade Ourense vs Irmás Villar 

3º e 4º Posto – 10:30H – Pavillón – Athletic Coruña vs Hércules HC

FINAL – 12:30H – Pavillón – Ourensticks A vs Ourensticks B

Os 5 primeiros clasificados no torneo masculino clasifícanse para disputar o sector de clasificación para o Campionato de España, e que o 1er clasificado femenito tamén. 

A mañá do domingo terminará ás 13:30H coa Cerimonia de Entrega de Medallas e Trofeos.

 

A fin de semana que vén… Galego de Hóckey Sala

 
Estamos a só uns días da disputa do Campionato Galego de Hóckey Salga Absoluto Masculino e Feminino Xunta de Galicia.
 
Os días 18 e 19 de xaneiro, Ourense será a capital do hóckey galego, e acollerá no Anexo do Pavillón dos Remedios e no Polideportivo de Oira, este campionato, cita tradicional de comezo de ano, do que sairán os equipos campións de Galicia de hóckey sala desta tempada.
 
Moi pronto che contaremos os clubs que participarán e os horarios de torneo.
 

Xunta e FGH estreitan lazos

O Presidente da FGH Roberto Baratta foi recibido por polo Delegado da Xunta en Ourense Manuel Pardo no marco dos contactos institucionais habituais que a federación mantén coas administracións.
 
Neste caso Roberto Baratta informou ao Delegado en Ourense dos plans e proxectos federativos na cidade e provincia, con especial interés na promoción e desenrolo dos proxectos de novas instalacións.
 
O término da reunión, o Presidente da FGH manifestou a súa satisfacción polo trato sempre cordial e interese no desenrolo do noso deporte, con tarefas conxuntas acordadas entre ambas institiucións para o ano 2025.