Desde a Federación Galega de Hockey seguimos avanzando coa execución do Plan Fomento Hockey Deputación de Ourense, un proxecto deportivo e educativo financiado pola Deputación de Ourense, que ten como obxectivo achegar o hockey aos centros escolares da provincia, combinando deporte, valores e aprendizaxe.
FASE 1 – Intervención en centros educativos
O plan arrancou no mes de marzo e continuará durante o mes de abril, cunha excelente acollida por parte dos centros escolares da provincia. Ata o momento, esta foi a planificación:
Semana 1
Semana 2
Semana 3 (actual)
Semana Santa
Última semana de abril
Estas xornadas están a ser impartidas por monitores especializados da Federación, sempre en colaboración co profesorado de Educación Física dos centros, promovendo unha experiencia educativa e deportiva de calidade.
FASE 2 – Actividades comarcais (maio)
Durante os venres do mes de maio, comezarán as xornadas comarcais, nas que se desenvolverán actividades de hockey en distintas comarcas da provincia. O obxectivo é xuntar a alumnado de diferentes centros para fomentar a convivencia e seguir promovendo a práctica do hockey en contornas naturais e colaborativas.
FASE 3 – Gran evento final (xuño)
O proxecto culminará cun gran evento: o Día do Hockey, que se celebrará no mes de xuño no Campo de Mariñamansa (Ourense). Será unha xornada especial de encontro, convivencia e actividade física, que reunirá a todos os colexios participantes nun día lúdico e festivo.
Agradecemento á Deputación de Ourense
Este proxecto é posible grazas ao apoio total da Deputación de Ourense, que aposta polo deporte base, a educación en valores e a promoción do hockey como disciplina emerxente no ámbito escolar.
Desde a Federación Galega de Hockey queremos agradecer publicamente a súa implicación e compromiso coa infancia e co deporte educativo, así como o apoio de todos os centros, profesorado e familias participantes