Unha Gala chea de hóckey, homenaxes e emocións

Onte celebrouse a tradicional Gala do Hóckey Galego. Un evento que tivo lugar nas instalacións do Campo de Mariñamansa, un espazo que se está a converter en todo un clásico.

Na Gala contamos coa presenza de representantes dos clubes, estamentos, autoridades e homenaxeados, porque, como é habitual, ademais do repaso da tempada por parte do presidente da FGH, Roberto Baratta, realizáronse esta vez 4 recoñecementos.

Os homenaxeados foron:

  • José Luis Sánchez Rama, pola súa participación coa Selección Española +50 de Hóckey Sala que acadou o Campionato do Mundo. Recolleu o premio a súa filla, xa que José Luis se atopaba preparando coa selección o seguinte campionato.
  • La Voz de Galicia, pola súa labor divulgativa do noso deporte. Recolleu o premio Luis Manuel Rodríguez.
  • Jaime Amorín Gómez que recolleu a medalla de prata da RFEH.
  • Carlos García Cuenca, ourensano e seleccionador feminino abosulto de Hóckey Herba, que acadou a medalla de bronce no Europeo.
  • José Ramón Lete Lasa, ex Director Xeral de Deportes da Xunta de Galicia pola súa traxectoria deportiva e apopio o hockey galego.

Ao termo da charla e da entrega de galardóns, os presentes gozaron dunha cea nun ambiente distendido e cordial.

Galicia é hóckey!!!

Publicado en Noticias.