Enquisa para Deportistas do Plan Estratéxico dá Federación Galega de Hóckey

Anímache a participar nesta enquisa, que é parte do Plan Estratéxico da Federación Galega de Hóckey. 

A túa opinión como deportista é fundamental para identificar os puntos de mellora nas nosas competicións, instalacións e programas de tecnificación. A resposta é anónima e levarache menos de 5 minutos.

Podes entrar nesta ligazón https://forms.gle/hWgDmm6HgzFgQjUs5  

Quenda para os Campionatos Galegos de Hóckey Sala Alevín

Esta fin de semana celébranse os Campionatos Galegos de Hóckey Sala Alevín Feminino e Mixto Xunta de Galicia. 

Terán dúas sedes, unha na Coruña para o feminino, que se disputará o sábado 28 de febreiro, e outra en Ourense, para o de categoría mixta, que será o domingo 1 de marzo.

O Feminino da Coruña terá o Polideportivo Municipal do Ventorrillo como sede e está co-organizado polo Escola H.C.

E o Polideportivo Municipal de Oira será a sede do Mixto de Ourense, que ten como co-organizador ao C.H. Albor.

Sen dúbida unha fin de semana máis que interesante, de hóckey sala con dúas sedes, nas que os nosos alevíns competirán polo título galego das súas categorías.

Moita sorte a todos e a todas.

Galicia é hóckey. 

Entrega de medallas da Copa Coruña de Hóckey Base

O pasado domingo 22 de febreiro no Polideportivo de Novo Mesoiro da Coruña celebrase a entrega de medallas e trofeos da Copa Coruña de categorías de base.

Os Prebenxamíns, Benxamíns, Alevíns e Infantís recibiron entusiasmados a súaa recompensa de mans dos presidentes dos clubes participantes.

Unha vez concluida a Copa Coruña, dará comezo as ligas provinciais que culminaran coa celebración dos Campionatos Galegos das distintas categorías na modalidade de hóckey sala.

Galicia é hóckey. 

As xuvenís do OurenSticks sétimas de España nun Campionato de España de Hóckey Sala do que saíron campioas as mozas do Junior FC

Desde o venres veuse celebrando no Anexo do Pavillón dos Remedios de Ourense, o Campionato de España de Hóckey Sala Xuvenil Feminino. 

Na xornada de hoxe disputáronse os partidos que decidiron a clasificación, na que o equipo local, o OurenSticks, organizador do torneo, alcanzaba a 7ª posición. Un meritorio posto, para nosas mozas. 

Na final o Junior FC impoñíase ao Athletic Terrasa por un claro 7 – 3 facéndose co título. 

O resto da clasificación quedón configurada da seguinte maneira. 

1º Junior FC

2º Athletic Terrasa

3º Real Club de Campo Villa de Madrid

4º Sanse Complutense A 5º

Club Egara

6º R.S. Tenis

7º OurenSticks

8º C.H. Pechina

Tras a disputa da final celebrouse a cerimonia de entrega de premios e medallas na que contamos coa presenza das autoridades locais, patrocinadores e a representación da Federación Galega de Hóckey recaeu no seu presidente, Roberto Baratta.

Unha fin de semana máis Ourense foi un dos epicentros do hóckey nacional.

Parabéns ao OurenSticks pola magnífica organización e a todos os clubs participantes. Lembrade que aquí tedes a vosa casa.

Galicia é hóckey. 

 

O Anexo do Pavillón dos Remedios de Ourense acolle o Campionato de España de Hóckey Sala Xuvenil Femenino

Hoxe comeza o Campeonato de España de Hockey Sala Xuvenil Femenino no Anexo do Pavillón dos Remedios. 

No que o Clube OurenSticks é ademáis de organizador o clube galego que nos representa.

Anímate e ven animar as nosas rapazas do OurenSticks!!!! 

Deixámosche aquí o cartaz e os horarios dos partidos.

Moita sorte e disfrutade do torneo!!! 

Galicie á Hóckey.

Investigadores de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo buscan optimizar o rendemento das nosas seleccións

Esta é unha nova liña de colaboración entre a FGH e o SPPCW Lab da Uvigo

Investigadores do Laboratorio de Rendemento Deportivo, Condición Física e Benestar (SPPCW Lab) da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte traballan xunto coa Federación Galega de Hóckey na optimización da preparación física e na mellora do rendemento das e dos integrantes das seleccións autonómicas sub18 de hóckey herba. Esta liña de colaboración tivo como punto de partida unha serie de avaliacións realizadas durante as concentracións previas ao Campionato de España de Seleccións Autonómicas, centradas nunha serie de capacidades físicas clave neste deporte. 

Estas probas deron como resultado unha serie de informes individuais que o responsable deste laboratorio, o tamén decano da facultade Óscar García, e o investigador predoutoral Ramiro Chilingirian presentaban nos últimos días ao presidente da federación, Roberto Baratta. Centradas, como explica Chilingirian, en “comprender como determinadas capacidades físicas inflúen na capacidade de soster o ritmo de xogo”, estas avaliacións permitiron identificar “puntos fortes e aspectos a mellorar” das e dos diferentes deportistas. Nese senso, explica Baratta, o seguinte paso será poder presentar os resultados aos equipos técnicos dos diferentes clubs, de tal xeito que este traballo lles axude a optimizar a preparación física de cada deportista.

O obxectivo, engade García, é que o traballo que arrancou ao abeiro do convenio de colaboración entre a UVigo e a Federación Galega de Hóckey poida dar lugar a un contrato de I+D que constitúa o inicio dunha colaboración a longo prazo. “A federación ten especial interese nos sub18 e sub21 e imos centrar os nosos esforzos en que optimicen o seu modelo de adestramento e, sobre todo, en que os adestradores teñan soporte”, subliña. Nese senso, a xuntanza co presidente da federación serviu tamén para comezar a traballar nun “plan de seguimento” que permita aos investigadores prestar apoio aos diferentes clubs.

Coñecemento para “ir transformando o traballo dos clubs”

“Para a federación, o máis importante é que esta experiencia de traballo teña extensión nos clubs”, salienta Baratta, que incide en que o seguinte paso será levar a cabo “unha sesión explicativa para trasladar aos adestradores dos clubs os achados”. O tamén vicepresidente da Real Federación Española de Hóckey explica que a recente implantación da categoría sub21 fai posible desenvolver un traballo a medio prazo cos mozos e mozas que forman parte dos equipos galegos sub18. A idea, sinala, é “facer un seguimento” das e dos deportistas e repetir as avaliacións nas concentracións previas ao seguinte Campionato de España, de tal xeito que permitan “ver como evolucionaron”.

Baratta lembra neste punto que “somos unha federación pequena”, á que esta colaboración achega “coñecemento, talento e capacidades novas”, xa que pode contribuír a “cambiar os modelos e esquemas de adestramento”, tendo en conta ademais a importancia que ten a condición física no rendemento deportivo. “A idea é ir transformando o traballo dos clubs”, destaca o presidente da federación.

Do mesmo xeito, esta colaboración permite aos investigadores do laboratorio “transferir o coñecemento que imos adquirindo e trasladalo ás necesidades que teñen, neste caso, no hóckey”, destaca García. Do mesmo xeito, engade, á vez que o seu labor podería axudar á federación a “ter un programa de tecnificación máis sólido”, esta colaboración tamén achegará datos á investigación que desenvolve Chilingirian, permitindo “pór a proba os modelos que cremos que mellor poden optimizar ese proceso de adestramento”.

Primeira aproximación

Como lembra García, esta colaboración arrancou a finais de 2025 coa “primeira aproximación” que supuxeron as avaliacións realizadas en catro concentracións no Centro de Tecnificación da federación en Ourense. Estas abranguían unha serie de probas de monitorización, control da carga e análise neuromuscular, orientadas a “analizar o perfil físico das e dos xogadores en relación coas demandas reais do hóckey herba”, destaca Chilingirian. O obxectivo era “comprender como determinadas capacidades físicas inflúen na capacidade de soster o ritmo de xogo, repetir accións intensas e responder eficazmente durante a competición”, a través da análise de aspectos como “a capacidade de repetir sprints, o cambio de dirección, a capacidade elástico-explosiva, a flexibilidade da cadea posterior e características corporais relacionadas co rendemento físico, todas elas directamente vinculadas a accións habituais do xogo”. 

Os resultados, engade, levaron á elaboración de “informes individuais e grupais, que permiten identificar perfís, puntos fortes e aspectos a mellorar” e que permiten achegar “información obxectiva” aos equipos técnicos, “axudando a orientar o adestramento físico e a reducir riscos asociados a cargas mal axustadas”.

 

SPV Complutense proclámase campión de España de Hóckey Sala en Ourense

Tras 3 días de torneo, a final disputada esta mañá no Pavillón Anexo de Os Remedios, deparou un derbi madrileño entre o Real Club de Campo Villa de Madrid e o S.P.V. Complutense. Tras un partido moi rifado o marcador terminaba 4-5 a favor da Complutense que se alzaba así co Campionato.

Na final de consolación, o derbi catalán entre Junior FC e Ath. Terrasa, chegaba ao final do crono con empate, e o Junior facíase co bronce ao vencer na quenda de Shoot Outs.

Pola súa banda, o C.H. Barrocás caía tamén nos Shoot Outs ante o C.D. Málaga 91, tras empatar 2-2 no partido polo 5º e 6º posto. O clube local, pechaba así a súa participación no campionato nun merotorio 6º lugar.

A clasificación final do Campionato queda da seguinte maneira:

1º SPV Complutense

2º Real Club de Campo Villa de Madrid

3º Junior FC

4º Athletic Terrasa H.C.

5º C.D. Málaga 91

6º C.H. Barrocás

7º C.H. CARPESA

8º BENALMADENA 1985 RH PRIVE

A mañá chegaba ao seu fin coa cerimonia de entrega de premios e medallas na que estivo presente o presidente da Federación Galega entre outras autoridades provinciais, autonómicas e locais.

Parabéns a todo oe mundo do hóckey galego, ao Barrocás como co-organizador do Campionato e como 6º mellor equipo de España, ao público que se deu cita durante os 3 días en Os Remedios e a todos os que facedes posible que Galicia siga sendo un referente neste deporte.

Galicia é Hóckey.

Ourense acolle dende mañá o Campionato de España de Hóckey Sala Absoluto

Dende mañá venres, e ata o domingo 8 de febreiro, o Anexo do Pavillón Municipal dos Remedios da cidade de Ourense, será a sede do Campionato de España de Hóckey Sala Absoluto Masculino.

Unha cita a que chegan os 8 mellores equipos de toda España, entre os que se atopa o clube ourensán C.H. Barrocás, que loitará polo campionato fronte a clubes históricos do hóckey nacional como o Junior F.C., Athletic Terrasa H.C. ou o SPV Complutense, entre outros. 

Os ourensáns comezarán a competición maña ás 15:15h fronte ao SPV Complutense de Madrid, para máis tarde, ás 20:15h encrontarse aos tamén madrilenos do Real Club de Campo.

Deixámoste aquí o cartel do torneo ademáis dos horarios dos 3 días nos que Ourense será a capital do Hóckey Sala de España.

Lembra que podes seguir os partidos do C.H. Barrocás na súa   www.youtube.com/@clubhockeybarrocas/streams

Galicia é Hóckey!!!

Conta atrás para o Campionato de España de Hóckey Sala

Esta mañá, no salón de plenos do Concello de Ourense, foi presentado oficialmente o Campionato de España de Hóckey Sala Sénior Masculino, que terá lugar do 6 ao 8 de febreiro, no Anexo do Pavillón dos Remedios.

No acto de presentación estiveron presentes Jaime Amorín, Presidente do C.H. Barrocás, Carlos Bericat, de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense, Enrique Álvarez, responsable de deportes da Deputación de Ourense e Aníbal Pereira, Tenente de Alcalde e Concelleiro de Deportes do Concello de Ourense, e Fran Masid, en representación da FGH.

O Campionato está organizado polo C.H. Barrocás coa co-organización da Federación Galega de Hóckey.

No Anexo dos Remedios, daranse cita os 8 mellores equipos de España e entre eles, o anfitrión, o Club Hockey Barrocás.

Os horarios poderánse consultar na web de RFEH e da FGH, ademáis das redes sociais do C.H. Barrocás, nas que tamén se poderán ver os seus partidos na súa .