Tecnificacións, dentro do plan talentos. Team España Futuro en colaboracion coa RFEH.

O pasado venres, no campo de Mariñamansa, Ourense, deron comezo unhas xornadas de tecnificación, enmarcada dentro do plan talentos Team España Futuro en colaboracion coa RFEH.

Para estas xornadas, na categoría masculina, contamos coa presenza do seleccionador nacional sub16, Sergio Tafalla e na feminina, coa membro do Staff Técnico tamén da selección nacional Sub16, Lourdes Sarrabayrouse

Galicia é hóckey!!!

 

Campus de Tecnificación Ourense 2025

Un campus pensado para deportistas que queren dar un paso máis

A Federación Galega de Hóckey, en colaboración con Hockey Management, organiza este verán unha nova edición do Campus de Tecnificación Ourense 2025, un espazo de adestramento intensivo, motivador e de alta calidade, dirixido a xogadores e xogadoras de hóckey herba que queiran perfeccionar a súa técnica individual e seguir progresando no seu rendemento deportivo.

Durante catro días, os/as participantes recibirán formación técnica especializada da man dun equipo de adestradores con ampla experiencia tanto a nivel nacional como internacional. Traballarase en grupos reducidos, adaptados por idade e nivel, para garantir un seguimento personalizado e unha aprendizaxe eficaz e segura.

Este campus non é só un espazo de mellora técnica, senón tamén unha experiencia enriquecedora, onde se fomentan valores como o compromiso, a disciplina, o compañeirismo e a paixón polo hóckey.

 Información do Campus

  •  Datas: 28, 29, 30 e 31 de xullo de 2025
  • Horario diario
    • Todos os días: Actividade de 09:30 a 13:00
  •  Lugar: Campo de Hóckey de Mariñamansa – Ourense
  • Dirixido a: Xogadores e xogadoras a partir da categoría alevín con experiencia previa en hóckey herba.
  • Metodoloxía:
    • Grupos reducidos e nivelados
    • Corrección individualizada
    • Adestramentos técnicos especializados
    • Uso de materiais profesionais (crazy catch, rampas, reboteros, etc.)
  • Prezo: 100 € por participante
  • 📞Contacto para dúbidas: Cristian – 623 03 61 36

 

RECORDATORIO ASAMBLEA ORDINARIA FGH 22/06/2025

DOMINGO 22 JUNIO 2025 en Aula CeTeGa en Campo de Hockey de Mariñamansa en Ourense.

(Coincidirá con el Campeonato de España Primera División Femenina y Fase Ascenso a DHBF)

10:00 horas en primera convocatoria –  10:30 horas en segunda convocatoria

Resumen orden del día:

  1. Aprobación acta anterior
  2. Aprobación cuentas anuales del ejercicio 2024
  3. Aprobación circular competiciones temporada 25/26
  4. Informe Presidente
  5. Ruegos y preguntas 

JUNTA DIRECTIVA FGH

O C.H. Barrocás campión galego xuvenil

Intensa xornada de hóckey a vivida o pasado sábado en Mariñamansa para decidir o Campionato Galego de Herba Xuvenil Masculino Xunta de Galicia.

Chegaban á Final o C.H. Barrocás e o Escola H.C. que protagonizaron un partido tremendamente igualado que rematou cun empate 4-4 polo que foi necesaria a tanda de “Shoot Outs” para que o C.H. Barrocás se proclamase Campión.

O resto da clasificación rematou co OurenSticks en 3º posto e o Cidade de Ourense no 4º.

Galicia é hóckey!!!

 

Máis de 200 nenos e nenas celebran a festa final do Hóckey en Mariñamansa

Hoxe puxemos o punto e final ao Plan Fomento Hockey Deputación de Ourense, cunha gran festa no campo de Mariñamansa onde participaron máis de 300 nenos e nenas de centros de toda a provincia.

Xogos, partidos, circuitos e moitas risas nunha xornada inesquecible, que pecha un programa que durante 3 meses achegou o hockey a máis de 2.500 escolares de toda a provincia e máis de 15 centros escolares.

Este proxecto non sería posible sen o apoio da Deputación de Ourense, a quen agradecemos enormemente o seu compromiso co deporte base e coa infancia. 

 Porque en Ourense, #NingúnConcelloSenDeporte 

As mellores imaxes de todas as fases estarán dispoñibles na nosa web.

E lembrade que este verán seguimos coa acción! Xa están abertas as inscricións para o noso Campamento Multideporte 2025: aqui.

 

 

 

Chega o turno do Campionato Galego de Hóckey Herba Xuvenil Masculino

Como colofón á tempada, o vindeiro sábado, 14 de xuño, no campo de Mariñamansa (Ourense) terá lugar o Campionato Galego de Hóckey Herba Xuvenil Masculio Xunta de Galicia.

 

A esta cita clasificáronse os rapaces do C.H. Barrocás, OurenSticks, Cidade de Ourense e o Escola H.C., que medirán as súas forzas neste torneo para decidir quen son os campións galegos 2025.

 

Galicia é hóckey!!!

 

Constituido o Comité Galego de Árbitros e Xuíces

O pasado día 24 celebrouse a sesión de constitución do CGAX Comité Galego de Árbitros e Xuíces, órgano dependente da FGH, cumprindo co estipulado nos Estatutos da FGH renovados o pasado ano.

Este comité ten como misión a organización, xestión e goberno dos colexiados e xuíces territoriales de Galicia, incluindo competencias en designacións e formación do colectivo.

Foi nomeado presidente o actual Manager de Árbitros da FGH, Javier Caride, e os Managers Delegados Provinciais:

  • Ourense: Pilar Álvarez.
  • A Coruña: Alberto Rey.
  • Pontevedra: Ernesto Fontanes.

Galicia é hóckey!!!