Archivos mensuales: febrero 2022
Visita institucional á Deputación Provincial de Ourense
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial a Alberto Estévez e Roberto Baratta, en representación da FGH. Entregáronlle unha placa de agradecemento polo apoio da institucional provincial para a celebración en Ourense do Campionato de Europa II de Hóckey Sala Feminino, disputado a finais de xaneiro no pavillón dos Deportes Paco Paz.
📷 Servizo de prensa, Deputación Provincial.
CH Barrocás, clasificado para a SuperFinal de hóckey sala
O equipo galego conseguiu a clasificación logo de conseguir a segunda posición na Fase semifinal do Campeonato de España de hóckey sala. A competición tivo lugar en Benalmádena, do 4 ao 6 de febreiro, con 8 equipos en liza. Na Final do torneo, o FC Barcelona gañou por 5 a 1 aos ourensáns.
O outro equipo galego participante, o Athelic Coruña HC rematou en oitava posición, perdendo por 4 a 2 co CH Agonek no partido pol 7-8º lugar do torneo. A Superfinal terá lugar os días 19 e 20 de febreiro en Valencia, onde Galicia estará representada.
Convenio de colaboración con Cruz Vermella Española – Ourense
O luns 31 de xaneiro tivo lugar a firma dun Convenio de colaboración entre Cruz Vermella Española – Ourense e a Federación Galega de Hóckey, para a prestación de servicios de emerxencia e socorro nas actividades que desenvolva a FGH.
Tamén se contemplan programas de formación en materia de primeiros auxilios e saúde. Agradecemos tamén a Cruz Vermella toda a colaboración prestada en eventos anteriores organizados pola FGH.
No acto estiveron presentes Felipe Ferreiro (Presidente), Sofía García Iturri Tosar e José Ramón Bayón por parte de Cruz Vermella; e Alberto Estévez (Presidente) e Roberto Baratta, pola Federación Galega de Hóckey.