Visita a Ourense da Selección española masculina de hóckey herba

Do 28 ao 31 de outubro de 2021, Ourense será o centro do hóckey nacional co Stage da Selección Española masculina de hóckey herba. Coas renovadas instalacións de Mariñamansa xa rematadas, o combinado nacional absoluto e o Sub-21 visitarán a cidade ourensán durante 4 días, onde realizarán adestramentos e 3 partidos de preparación.

Esta concentración ten moita relevancia xa que será a estrea de Max Caldas como seleccionador nacional e con él o seu renovado staff técnico. Unha etapa  que comeza de cara a un novo ciclo olímpico, coa vista posta en París 2024.

Aproveitando a visita, levaranse a cabo moitas actividades paralelas: visitas e actos institucionais, Seminario técnico con adestradores, Clinic con xogadores, photocall, etc. Técnicos, voluntarios e servizo médico da A FGH formarán parte do organigrama organizativo e as arbitraxes faranse con colexiados galegos. Os partidos a celebrar en Mariñamansaserán emitidos en streaming, pola canle de Youtube da FGH. 

Agradecer ás institucións públicas o seu apoio para poder levar a cabo este Stage tan importante, e que servirá para promocionar aínda máis o noso deporte a nivel autonómico. Tamén cabe a posibilidade de que algún xogador galego esté presente nesta concentración, o cal sería un feito moi relevante. Estaremos moi atentos á convocatoria. 

Documentación tempada 2021-2022

De cara á próxima tempada 2021- 2022, pomos a disposición a seguinte documentación da RFEH e da FGH, relativa ás competicións e inscripcións nas mesmas:

Anexamos a documentación (pinchar no enlace):

Staff e Regulamento Interno CeTeGa 21/22

Publicados xa os documentos do Staff CeTeGa e do Regulamento Interno CeTeGa para a tempada 21/22, que guiarán o traballo a sesenvolver na próxima tempada en Galicia.

Aproveitamos a ocasión para dar as GRAZAS de novo, e nunca suficiente, a todos os técnicos implicados a súa disposición e voluntariado para esta extraordinaria e valiosísima labor. A esta magnifica lista de técnicos, encabezada por José Brasa como asesor nesta tempada 21/22, uniránselle outros técnicos de apoio novos, que ocupan ou ocuparán tarefas de adestrador/a nos seus clubs nun futuro próximo.

O espírito e misión do CeTeGa é ben coñecido xa por todos, pero é conveniente aclarar algún punto relevante: a asistencia ás sesións do CeTeGa ten carácter voluntario e ten un custo mínimo, reflectido na circular da FGH oportuna, pero que debe existir para poder sufragar nunha mínima parte as actividades realizadas.

Nesta nova tempada contaremos cunha nova sede e instalacións: oficina e aula de formación, medios audiovisuais, vídeo analisis con cámara fixa e materiais de primeira calidade para adestramentos. Unha das grandes aportacións técnicas será a ferramenta de videoanálisis grazas a un acordo con NACSport, acompañada de xornadas de formacións aos técnicos que o soliciten, e que poderán incorporar estas habilidades de inmediato aos seus adestramentos e partidos.

Na actual remodelación do campo de Mariñamansa inclúese a localización dunha cámara táctica fixa na torre de grabación, dispoñible para todos, non só para o CeTeGa. Por iso animámosvos aos clubs para aproveitar o acordo con NACSport para realizar cursos de adestradores e adquirir licenzas do software con condicións especiais. Solicitade mais informacion en cetega@fghockey.gal

Todo esto encádrase na liña de traballo para conquerir o recoñecemento da Xunta de Galicia como Núcleo de Adestramento Especializado, (xa solicitado pola FGH), e que é un paso previo para poder converterse nun CAR (Centro de Alto rendemento) a todos os efectos.

PLANIFICACIÓN XERAL máis inmediata do CeTeGa:

18 e 19 Setembro: visita Asturias Sub18 Masculino e Feminino Sub18 feminina. En agosto enviaranse as convocatorias para os adestramentos CeTeGa Sub18 Masculino e Feminino, nas cidades de Ourense e A Coruña. No mes de setembro realizaranse as convocatorias finais.

CALENDARIO da RFEH:

Autonómico SUB18: 28 Outubro ao 1 Novembro 2021 (Valencia)

Autonómico SUB14: 4 ao 6 Marzo Aragón (Zaragoza)

Autonómico SUB16: 24 ao 27 Marzo Andalucía ( Benalmadena- Malaga)

Por suposto, unha vez iniciada a tempada, planificaranse as correspondentes sesións do CeTeGa de todas as categorías, tanto localmente (Ourense, Vigo e Coruña) como as posteriores concentracións autonómicas en Ourense en función dos calendarios.