Seleccións galegas Sub16 de hóckey herba

Do 30 de marzo ao 2 de abril terán lugar en Terrassa (Barcelona) os Campionatos de España de seleccións autonómicas Sub16 de hóckey herba, nas categorías feminina e masculina. Logo da derradeira concentración antes do torneo, as seleccións galegas xa están preparadas para acudir á cita e facer un bo papel deportivamente.

Selección feminina Sub16

CONVOCATORIA SELECCIÓN SUB16 FEMENINA – PDF

O combinado galego está encadrado no Grupo A xunto ás seleccións de Cataluña, Euskadi, Asturias e Canarias. Confiamos moito nas nosas «guerreiras» e esperamos disputen un gran campionato. 

Podedes ver o calendario e seguir os resultados, na web da RFEH:

www.rfeh.es/competiciones/selecciones-autonomicas-sub-16-f/

 

Selección masculina Sub16

CONVOCATORIA SELECCIÓN SUB16 MASCULINA – PDF

O combinado galego está encadrado no Grupo A xunto ás seleccións de Catalña, Madrid, Asturias e Canarias. Esperamos que disputen un estupendo campionato e obteñan unha boa posición final, na clasificación final.  

Podedes ver o calendario e seguir os resultados, na web da RFEH:11

www.rfeh.es/competiciones/selecciones-autonomicas-sub-16-m/

Campionatos de España Sub14 de hóckey herba

As seleccións galegas Sub14 de hóckey herba, finalizaron o seu paso polos Campionatos de España de seleccións autonómicas, disputado en Alcalá la Real, Jaén.


O equipo feminino finalizou na sexta posición, tralo empate 1-1 con Baleares e logo derrota na rolda de «shoot out».
Pola súa banda, o combinado masculino obtivo a cuarta posición final, logo da derrota 2-4 contra Asturias, no partido pola medalla de bronce.

Parabéns a todos/as os/as xogadores/as por disfrutar duns días cheos de hóckey e competición, e continuar formándose no seu deporte favorito.
¡¡GALICIA é HÓCKEY!!

Seleccións galegas Sub14 de hóckey herba

Do 16 ao 19 de marzo terán lugar en Alcalá la Real (Jaén) os Campionatos de España de seleccións autonómicas Sub14 de hóckey herba, nas categorías feminina e masculina. Logo da derradeira concentración antes do torneo, as seleccións galegas xa están preparadas para acudir á cita e facer un bo papel deportivamente.

Selección feminina Sub14

CONVOCATORIA SUB14 FEMENINA

O combinado galego está encadrado no Grupo B xunto ás seleccións de Asturias e Canarias. O obxectivo é conseguir clasificarse para as semifinais e loitar polas medallas. Confiamos moito nas nosas «guerreiras» e esperamos disputen un gran campionato. 

Podedes ver o calendario e seguir os resultados, na web da RFEH:

www.rfeh.es/competiciones/selecciones-autonomicas-sub-14-f/

 

Selección masculina Sub14

CONVOCATORIA SUB14 MASCULINA

O combinado galego está encadrado no Grupo B xunto ás seleccións de Asturias e Murcia. O obxectivo é conseguir clasificarse para as semifinais e loitar polas medallas. Confiamos moito nos nosos «guerreiros» e esperamos disputen un gran campionato. 

Podedes ver o calendario e seguir os resultados, na web da RFEH:

www.rfeh.es/competiciones/selecciones-autonomicas-sub-14-m/

 

Árbitros galegos no campionato

O estamento árbitral da nosa comunidade estará representado nos campionatos de España polos árbitros Ernesto Fontanes e Luis Alberto Ramos. Esperamos que teñan un bo campionato e sigan progresando na súa cualificación como árbitros nacionais. 

CH Albor, campións galegos de hóckey sala, preBenxamin e Benxamin

Tras a competición disputada o domingo 12 de marzo no polideportivo de Oira, o club ourensán conquistou os títulos galegos nas dúas categorías, logo de vencer en todos os encontros disputados. Parabéns aos gañadores e tamén a tod@s @s nen@s por competir tan ben e por unha xornada chea de hóckey.

Clasificación preBenxamin mixto:
1º CH Albor
2º CH Barrocás
3º Escola Hockey A Coruña

Clasificación Benxamin mixto:
Campión: CH Albor
Subcampión: CH Barrocás
3er posto: Santiago Apóstol
4º posto: Escola Hockey A Coruña

CH Albor, campión galego alevín de hóckey sala

O club ourensán conquistou o título galego nas dúas categorías en competición, en alevín feminino e en alevín mixto. Os torneos tiveron lugar no Polideportivo da Mina, en Castrelos, Vigo. Organizados pola FGH e o club local, o Atlántico Vigo HC.

Categoría feminina:

CH Albor e Escola Hockey A Coruña foron os clubs participantes no campionato, e o equipo ourensán gañou os dous partidos disputados, cos tanteos de 1-3 e 4-2.   

Clasificación final:
Campión: CH Albor
Subcampión: Escola Hockey A Coruña

Categoría masculina:

Cinco clubs en liza, divididos en 2 grupos, que disputaron primerio os partidos de clasificación e logo os enfrentamentos de clasificación. Na Final, enfrentáronse dous equipos de Ourense, e CH Albor proclamouse campión galego gañando por 7 a 0 ao Santiago Apóstol. No encontro polo 3er-4º posto, o gañador foi o At. Coruña HC sobre o Atlántico de Vigo HC, por 9 goles a 0.    

Clasificación final:
Campión: CH Albor
Subcampión: Santiago Apóstol
3er posto: At. Coruña HC
4º posto: Atlántico Vigo HC
5º posto: CH Barrocás

Campionato galego ALEVIN de hóckey sala

O domingo 5 de marzo chega o campionato galego alevín de hóckey sala, nas categorías mixto e feminino. A competición terá lugar no Pabellón de Castrelos «A Mina», na cidade de Vigo. Organizado polo club Atlántico Vigo HC e a FGH. 
 
 
Cinco equipos no alevín mixto e dous no feminino, disputarán este torneo que terá lugar na cidade deVigo nunha xornada de mañán e tarde en Castrelos.
 
📲 O día do campionato, podedes seguir online os resultados na web da FGH: