RECORDATORIO ASAMBLEA 28/12/2024

SABADO 28 DICIEMBRE 2024 en Aula CeTeGa en Campo de Hockey de Mariñamansa en Ourense.

(cambio de sede por mejor acceso y aparcamiento en estas fechas respecto O Couto)

10:00 horas en primera convocatoria –  10:30 horas en segunda convocatoria

Resumen orden del día:

  1. Aprobación acta anterior
  2. Nueva aprobación cuentas y memoria 2023 (revisadas s/informe auditoria).
  3. Aprobación presupuesto 2025.
  4. Informe Presidente (borrador presupuesto ejecución 2024, convenio integración RFEH, etc…)
  5. Ruegos y preguntas.

 

JUNTA DIRECTIVA FGH

Tempo de preparación e adestramento das nosas seleccións Sub14

As nosas seleccións Sub14, tanto masculina como feminina, está aproveitando os días de Nadal para adestrar e preparar no CeTeGa os seus vindeiros compromisos.

Estes nenos e nenas terán a oportunidade de representar a Galicia no Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se disputará no mes de marzo en Valencia.

Autonómico Sub 18, unha viaxe para gañar experiencia

Xa retornaron de Valencia os nosos mozos e mozas das selección Sub18 masculina e feminina de onde veñen de participar no que fora reprogramado Campionato de España de Hockey Hera de Seleccións Autonómicas  Sub18. Lembramos que este torneo fora posposto tras a terrible DANA.

Tanto eles como ellas veñen de vivir una día de hockey e convivencia. Os resultados non acompañaron pero ambos equipos puideron medirse contoutras seleccións autonómicas para mellorar e gañar experiencia.

Gracias a toda a expedición.

 

BO NADAL

Bo Nadal para todos e todas os que vivimos día a día a ilusión do noso deporte.
 
Na FGH estamos sempre ao voso lado para, entre todos e todas, facer que esa ilusión medre ano tras ano.
 

Ponte de adestramentos para as nosas Seleccións Autonómicas

As seleccións galegas Sub18 feminina e as Sub14 e Sub16 masculinas aproveitaron a pasada ponte da Constitución e a Inmaculada, para adestrar en Mariñamansa.
 
A expedición Sub18 feminina, tras da suspensión do Campionato de España, o pasado mes de novembro por mor da DANA, viaxará a Valencia do 19 ao 22 de decembro, para disputar ese torneo.
 
Mentras, os rapaces da Sub16 terá a sua cita en Granada e os da Sub14 en Valencia, pero ambas citas serán xa en marzo do 2025.
 

Selección Galega Sub18 Feminina

Selección Galega Sub16 Masculina

Selección Galega Sub14 Masculina

Satisfacción para todos tras das Xornadas de Hockey para todos

Os pasados meses de outubro e novembro celebráronse en Coruña e Ourense as Segundas Xornadas de Hóckey para Todos, dentro da Fase 3 do Plan Corresponsables, do Ministerior de Igualdade impulsado pola o Xunta de Galicia e Deporte Galego.

Durante varios días novos coruñeses e ourensáns que non coñecían o Hóckey puideron achegarse a el, e quen se o coñecían aproveitaron para mellorar a súa experiencia.

A satisfacción ao termo destas actividades é plena, tanto nos participantes como nos organizadores.

 

OurenSticks campión galego de Hóckey Sala Cadete Masculino

O Polideportivo de Oira (Ourense) acolleu hoxe o Campionato Galego de Hockey Sala Cadete Xunta de Galicia. 

Neste torneo participaron os clubes OurenSticks, C.H. Albor e Escola H.C. 

Ao termo da desputa dos partidos o campión resultou o OurenSticks, primeiro posto que permítelles acudir ao sector nacional de Gijón. Segundo clasificado foi o C.H. Albor, que os clasfica para o sector nacional que se disputará en Madrid. E o terceiro posto foi para os rapaces coruñeses do Escola H.C.

A Copa Deputación de Ourense xa ten Campións

 

Onte, no campo de Mariñamansa (Ourense) disputouse a xornada final da Copa Deputación de Ourense e, salvo na categoría Xuvenil que aínda segue en competición, xa se coñece a clasificación final no reste de categorías, quedando da seguinte maneira:

Pre Benxamín:

1.⁠ ⁠CH Albor

2.⁠ ⁠CSA

3.⁠ ⁠CH Albor F

4.⁠ ⁠CH Barrocas

Benxamin:

1.⁠ ⁠CH Albor

2.⁠ ⁠CH Barrocas

3.⁠ ⁠CH Barrocas F

4.⁠ ⁠Ourensticks

Alevín:

1.⁠ ⁠CH ALbor

2.⁠ ⁠CH Albor F

3.⁠ ⁠CSA

4.⁠ ⁠Ourensticks

5.⁠ ⁠Ourensticks F

Infantil:

1.⁠ ⁠CH Albor

2.⁠ ⁠CH Barrocas

3.⁠ ⁠CSA

Na xornada de onte celebrouse a entrega de trofeos coa representación do Presidente da Federación Galega de Hóckey, Roberto Baratta.