Remate da Copa Diputación da Coruña 2021

Terceira e última xornada da Copa Deputación da Coruña, no campo da Torre en A Coruña, o domingo 21 de novembro de 2021. Un día cheo de hóckey para tod@s @s nen@s dos clubs participantes. Entregáronse tamén os trofeos da competición.

Grazas á Diputación da Coruña polo seu apoio e a Cristina Capelán (Diputada de Deportes). Tamén agradecer ao Concello de A Coruña e á súa concelleira de Deportes Mónica Martinez, pola súa implicación e apoio.

Parabéns a todos os clubs por facer posible esta Copa Diputación e seguir na tarefa de promoción do hóckey na provincia da Coruña e en Galicia. ¡¡GALICIA é HÓCKEY!!

A FGH participa en Sportur Galicia 2021

A Federación Galega de Hóckey estará presente no IV Salón do Deporte e o Turismo Activo, que se celebrará os días 19 e 20 de novembro no recinto ferial de Expourense, e onde contaremos cun espazo para a difusión e promoción do noso deporte.

Tamén tomaremos parte no Programa de actividades na edición deste ano, o venres 19 novembro:
16:00 Exhibición e participación de hóckey, no stand da FGH.
16:30 Ponencia sobre organización de eventos no deporte amateur (Roberto Baratta, da área de Promoción da FGH).

Cabe reseñar tamén a participación un ano máis, do Club Hockey Albor, continuando coa súa gran labor na promoción do seu club e do noso deporte. 

PROTOCOLO FISICOVID-DXTGALEGO Novembro 2021

Vense de aprobar o PROTOCOLO BÁSICO ACTUACION FISICOVID-DXTGALEGO PARA A VOLTA Á ACTIVIDADE DEPORTIVA, con data Novembro 2021, cos cambios a nivel adestramentos e competición adaptados á nova situación sanitaria actual.

Podedes consultar e descargar os documentos:

Protocolo FISICOVID-DXTGALEGO – FGH nov 2021

ANEXO I – Adestramentos FISICOVID-DXTGALEGO FGH nov 2021

ANEXO II Competicion FISICOVID-DXTGALEGO – FGH nov 2021

Copa Deputación da Coruña 2021

O sábado 6 de novembro chega a primeira xornada desta competición, na localidade de Padrón, e nas categorías Benxamín, Alevin e Infantil.
En seguintes datas, os partidos da Copa trasladaranse ata Oleiros e a Coruña.
 
Podedes consultar o CALENDARIO da competición.
 
Os clubs participantes nesta edición son Escola HC, Athletic Coruña HC y Santo Domingo Hockey Padrón. 
¡¡GALICIA é HÓCKEY!!
 

Video completo da presentación «Road to Paris»

Xa podedes ver o vídeo completo da presentación do «Road to Paris», selección absoluta masculina de hóckey herba, celebrada no Auditorio Municipal de Ourense o venres 29 de outubro.

A maiores, tamén o acto de inauguración das novas instalacións de Mariñamansa (domingo 31 de octubre) e uns minutos do partido da Absoluta vs Sub21. Dádelle a PLAY. Grazas a Auria TV pola grabación.

 

Encontros amigables SUB 21: Galicia vs Portugal

Os días 31 de outubro e 1 de novembro, tiveron lugar en Mariñamansa (Ourense), os encontros amigables entre as seleccións Sub21 masculinas de Galicia e Portugal. Victoria portuguesa 0-1 no primeiro encontro (domingo) e empate 2-2 o luns pola mañán.
Unha boa pedra de toque para coñecer o nivel dos nosos Sub21 e unha boa experiencia competitiva para os xogadores.
«Moito obrigado» Federação Portuguesa de Hóquei pola visita a Galicia.

Ourense despide ás seleccións nacionais de hóceky herba


Logo de 5 días de intenso traballo dentro e fóra do campo de xogo, as seleccións nacionais absoluta e sub 21 masculinas deixaron Ourense logo do SuperCamp preparatorio para Paris 2024.

O novo seleccionador Max Caldas, corpos técnicos, Staff da RFEH e xogadores, alabaron as novas instalacións de Mariñamansa, cun campo de xogo con certificación FIH. O Stage foi un éxito organizativo, e os encontros preparatorios contaron con numerosa presenza de público nas gradas de Mariñamansa.

Leer más