Campamento Multideporte Verán 2025

O Campamento Multideporte da Federación Galega de Hockey é unha proposta educativa, deportiva e lúdica para nenos e nenas de 8 a 16 anos, co obxectivo de que gocen do verán practicando deporte, facendo novos amigos e vivindo experiencias inesquecibles.

Durante catro semanas de xullo e agosto, os participantes poderán desfrutar dunha ampla variedade de actividades: multideporte, xogos ao aire libre, talleres creativos, inchables acuáticos e moito máis, nun entorno seguro e dinamizado por monitores especializados.

Información

 

📅 Datas (por semanas):
  • Semana 1: 21 – 25 de xullo
  • Semana 2: 28 de xullo – 1 de agosto
  • Semana 3: 4 – 8 de agosto
  • Semana 4: 11 – 15 de agosto
  • (Posibilidade de ampliación segundo demanda)

📍 Lugar: Campo de Hóckey de Mariñamansa (Ourense)

🕘Horario xeral: de 9:30 a 13:30

🕗 Conciliación (opcional):

  • Madrugadores (8:30 – 9:30): +20 €
  • Recollida tardía (13:30 – 14:30): +12 €
  • Con ambos servizos: 100 €
💶 Prezo por semana: 80 €

👨‍👩‍👧 Desconto segundo irmán/a: -20% (Solicitar a través del mail: coordinacion@saudeter.com)  

 
 Idades: de 8 a 16 anos
 
Aforo máximo: 50 prazas por semana
 

🔻 Grupo mínimo: 25 participantes/seman  

Se non se acada o grupo mínimo, a semana poderá cancelarse. Neste caso, avisarase con antelación e devolverase o importe íntegro da inscrición.

Inscricións

🔗 Inscríbete aquí

📞 Teléfono de información: 634 804 466

📧 Correo de contacto: coordinacion@saudeter.com  —

Normativa: consulta a normativa do campamento Aquí.

Peche da Fase 2 do Plan Fomento Hockey – Deputación de Ourense!

Hoxe celebramos a última xornada comarcal da segunda fase do noso Plan Fomento de Hockey, cunha gran mañá de deporte e convivencia no campo de O Aguillón, na Rúa.

 Máis de 150 nenos e nenas de 1º a 6º de primaria do CEIP Manuel Respino participaron nunha completa sesión de iniciación ao hockey, con xogos, retos, circuítos e minipartidos. Unha actividade deseñada para aprender, divertirse e coñecer de preto este apaixonante deporte.

Estes máis de 150 escolares súmanse aos máis de 300 participantes das anteriores xornadas comarcais e aos máis de 1.500 nenos e nenas da fase educativa en centros escolares, sumando así un total de preto de 2.000 participantes ao rematar o programa co gran evento final.

Grazas á colaboración do profesorado, aos nosos monitores, e especialmente á Deputación de Ourense, por facer posible este programa de promoción do deporte base nos centros escolares da provincia.

📍 Xa estamos pensando na gran cita final:

📅 11 de xuño – Evento de clausura no campo de Mariñamansa (Ourense)

Seguimos sumando, seguimos xogando, seguimos medrando en equipo 💪

 

A Gala que une a todo o Hóckey galego

Un ano máis, o pasado sábado, celebrouse a tradicional Gala do Hóckey Galego. Un evento que, nesta ocasión, tivo un escenario especial, xa que se celebrou nas instalacións do Campo de Mariñamansa, entre outros motivos, para celebrar os 25 anos de presenza do Hóckey na contorna do IES Universidade Laboral. 

Unha Gala que contou coa presenza de representantes dos clubs, estamentos, autoridades e homenaxeados, porque, como é habitual, ademais do clásico repaso da tempada por parte do presidente da FGH, Roberto Baratta, realizáronse 3 recoñecementos.

Os homenaxeados foron:

– Dario Sánchez, do Athlétic Coruña, pola súa internacionalidade con España sub16.

– IES Ou Laboral en conmemoración dos 25 anos da presenza do Hóckey nas súas instalacións e o seu continuo apoio.

– O Suplemento +Deporte A Rexión  polo seu apoio e difusión constante ao Hóckey ourensán e galego.

Ao termo da charla e a entrega de galardóns, os presentes gozaron da cea nun ambiente distendido e cordial.

Galicia é hóckey!!!

CSA masculino e OureSticks feminino, Campións da Copa Galicia 2025

Esta fin de semana disputouse a Final 4 da Copa Galicia 2025 de Hóckey Herba absoluta Masculina e Feminina Xunta de Galicia. Unha cita á que se clasificaron soamente os 4 mellores equipos da liga regular. 

En categoría masculina o CSA Ourense alzábase coa copa na final ante o OurenSticks, logrando así o seu terceiro título e quedándose o trofeo en propiedade. O resto da táboa completárono o Escola H.C. (3º) e o Cidade de Ourense (4º).

Mentres, en categoría feminina, as mozas do OurenSticks impuxéronse na final disputada contra o Atlántico H.C. A terceira posición foi para o Athlétic Coruña e a cuarta para Villar Ourense.

Na entrega de premios tivemos a oportunidade de contar coa presenza de Jorge Pumar, deputado provincial, en representación da Deputación de Ourense e do presidente da FGH, Roberto Baratta.

Durante a cerimonia foron entregados os premios aos máximos goleadores das ligas regulares. En categoría masculina produciuse un empate e o premio foi compartido cun empate a 10 tantos entre David Aguiar do CSA Ourense e Alejandro Domínguez do Cidade Ourense. No caso da categoría feminina a máxima goleadora da liga regular foi Uxía Muñoz do Ourensticks.

Galicia é hóckey!!! Cada vez máis!!!

Xornada espectacular de hóckey en SPORTUR Galicia

Esta mañá vivimos unha das citas máis especiais do Plan Fomento Hockey Deputación de Ourense, coincidindo coa celebración de Sportur Galicia no recinto de Expourense.

Máis de 150 nenos e nenas de centros escolares da cidade participaron en circuítos, retos e mini partidos de hockey, gozando dunha mañá chea de deporte, aprendizaxe e diversión.

Tamén contamos coa participación de varias asociacións de persoas con diversidade funcional, que disfrutaron dunha sesión adaptada, demostrando que o deporte é para todos e todas.

Grazas á Deputación de Ourense, aos colexios, asociacións, monitores e á organización de SPORTUR Galicia por facer posible esta actividade nunha contorna ideal para promocionar o deporte base e inclusivo.

Seguimos levando o hockey onde nunca antes chegara!

A Final 4 Copa Galicia, esta fin de semana en Mariñamansa

E chega a quenda para o torneo considerado como o broche de ouro da tempada de Hóckey Herba, a Copa Galicia. Unha fase final na que se enfrontan os mellores equipos de liga galega tanto feminina como masculina de categoría absoluta.

A Copa Galicia de Hóckey Herba 2025 Xunta de Galicia dispútase este sábado e domingo no campo ourensán de Mariñamansa e nela partiparán os clubs que meritoriamente conseguiron clasificarse.

Categoría Feminina: OurenSticks, Athletic Coruña, Atlántico H.C. e Irmáns Villar.

Categoría Masculina: CSA Ourense, OurenSicks, Cidade de Ourense e Escola H.C.

Moita sorte a todos!!!

Galicia é Hóckey!!!

Máis de 200 cativos no Galego de Hóckey Herba Prebenxamín e Benxanín

Más de 200 nenos e nenas de toda Galicia encheron de ambiente e de Hóckey o campo de Mariñamansa nas finais do Campionato Gallego de Hóckey Herba Prebanxamín e Benxamín 2025 Xunta de Galicia.

Unha xornada como a vivida o pasad

o sábado é unha proba do bo facer e do bo traballo dos clubs galegos nas súas escolas.

Os máis pequeniños gozaron dun magnífico día de Hóckey coas súas familias, que abarrotaron as instalacións e achegaron cor e bo ambiente.

Os clubes que participaron neste campionato foron:

Na Categoría Prebenxamín:

C.H. Padrón / A.D. Cristo Rey / Escola H.C. / Atlantico H.C. / Irmáns Villar / CSA Ourense / C.H. Barrocás / C.H. Albor

E na Categoría Benxamín:

OurenSticks / A.D. Cristo Rey / Escola H.C. / Atlantico H.C. / CSA Ourense / C.H. Barrocás / C.H. Albor

Noraboa a todos!!!

Galicia é Hóckey!!!

O Campionato Galego de Hóckey Herba Xuvenil Feminino poñerá o broche á fin de semana

Tras do prebenxamín e benxamín do sábado, chega a quenda das mozas de categoría xuvenil, que disputarán o Campionato Galego de Hóckey Herba Xuvenil Feminino Xunta de Galicia, este domingo día 18 de maio, no campo de Mariñamansa, Ourense.

A esta cita chegaron o OurenSticks e o Athletic Coruña, que medirán as súas forzas neste partido para decidir quen son as campioas 2025.

Galicia é hóckey!!!

Este sábado, Campionato Galego de Hóckey Herba Prebenxamín e Benxamín

Chega a quenda dos máis pequenos. Este sábado, día 17 de maio, Día das Letras Galegas, temos a oportunidade de ver en acción aos máis novos do noso hóckey galego, ao disputarse o Campionato Galego de Hóckey Herba Prebenxanmín e Benxamín Xunta de Galicia.
 
Unha xornada na que teremos a oportunidade de ver en xogo aos seguintes equipos:
 
Categoría Prebenjamín:
C.H. Padrón / A.D. Cristo Rey / Escola H.C. / Atlantico H.C. / Irmáns Villar / CSA Ourense / C.H. Barrocás / C.H. Albor
 
Categoría Benjamín:
OurenSticks / A.D. Cristo Rey / Escola H.C. / Atlantico H.C. / CSA Ourense / C.H. Barrocás / C.H. Albor
 
Galicia é Hóckey!!!

Segundo día de Stage das RedSticks Sub18

Hoxe desenvolveuse a segunda xornada do Stage da Selección Española Feminina Sub18 de Hóckey Herba en Ourense.

Unha xornada que estivo composta por adestramentos, tanto específicos de porteiras como do equipo ao completo, un clínic con técnicos/as do CETEGA e unha formación anti dopaxe.

No adestramento da tarde, as RedSticks disputaron un partido entre elas mesmas, dando a oportunidade aos presentes de velas xogando en vivo.

Mañá pola mañá último adestramento antes de que se despidan de Ourense.