Plan Concellos: acordo co Concello de Padrón para a creación dunha nova Escola

#Hockeytízate: Acordo de colaboración entre a FGH, Concello de Padrón e o Club Santo Domingo.

O Concello de Padrón sentou as bases para a creación dunha Escola de Hockey, xunto a dous ex-xogadores da vila e co apoio da
Federación Galega de Hockey. O obxectivo é ofrecer un novo deporte aos nenos e nenas padroneses. A iniciativa xurdiu tras poñerse en contacto un grupo de afeccionados de Padrón e a Federación Galega.

A tradición deste deporte na vila remontase a 1976, cando se fundou o equipo Santo Domingo, que tras varias décadas de éxitos competitivos autonómicos deixou de xogar durante catro anos. Agora, Óscar Mozas e Rodrigo Casal retoman a ilusión por este deporte. A finalidade é fomentar esta actividade dende a base, e que os nenos e nenas teñan alternativas aos deportes maioritarios, e a partir deste xogo poñer en valor a amizade, a igualdade e o compañeirismo.

Desde a enténdese que “esta actuación cos Concellos enmárcase dentro do Plan Concellos, co que se pretende incentivar e promocionar o noso deporte, para que sexa máis coñecido e para que nos lugares nos que xa se xoga poidan mellorar e perfeccionarse”.

O Concelleiro de Deportes, Ángel Rodríguez, mostrou a súa satisfacción por iniciar esta colaboración e destacou “o importante que é para Padrón que xurdan iniciativas coma esta para dinamizar a vila e presentar unha oferta máis ampla de ocio e deporte para as novas xeracións”.
As clases de hockey terán lugar no Polideportivo do Souto e poden inscribirse nenos e nenas de idades comprendidas entre os 5 e 14 anos. A data de inicio aínda está por determinar.

PLAN IMPACTO: Plan Concellos 2020-2022

¿Que é o Plan Concellos?

O Plan Concellos responde o desenrolo dunha das liñas do Plan Impacto da FGH para o desenrolo do hóckey en Galicia, promoción da súa práctica, e captación de xogadores, familias, público, intereses, patrocinadores e apoio institucional e social.

O Plan ten básicamente tres obxectos de actuación:

  • Uso de instalacións deportivas para a práctica do hóckey herba e sala.
  • Colaboración, xestión e investimentos, reformas e adaptacións en instalacións deportivas e material para a práctica do hóckey
  • Creación e desenrolo de Escolas Deportivas Municipais.

¿En qué consiste?

O Plan Concellos se formaliza cun acordo entre partes, a proposta da FGH, e en colaboración co Concello interesado. Pode tratarse dun acordo a tres partes cando hai un club, rexistrado na FGH, que desexe asumir a xestión deportiva do acordo.

Estes acordos son específicos en cada caso e terán a validez e condicións especificas acordadas para cada actuación.

¿Quén participa?

O Plan está dirixido a calquer Concello galego interesado en incorporar ou mellorar a implantación e desenrolo do hóckey herba e sala na súa oferta deportiva.

Asemade, está dirixido a tódolos clubs que desexen implantar, extender ou mellorar as súas escolas.

Os Concellos que colaboran coa FGH neste 2020, pódense consultar no Plan Concellos.

Recepción Selección Galega SUB-14 Femenina – CAMPEONA DE ESPAÑA 2020

O próximo  8 de Septembro, a Selección Femenina Sub-14 será recibida por José Ramón Lete Lasa, Secretario Xeral para o Deporte, da Xunta de Galicia. O acto terá lugar no edificio da «Casa de Chocolate», sede administrativa da Xunta de Galicia.

Esta recepción estaba pendente, e ven a recoñecer de novo o gran logro acadado polas xogadoras da Selección galega Sub-14, que se proclamaron Campeonas de España na competición celebrada no mes de febreiro de 2020.

Lembrar, que a RFEH adxudicou a Galicia a celebración do  Campeonato de España de Selecciones Autonómicas Hockey Hierba Sub14 Femenina e Masculina. Se as condicións sanitarias e administrativas o permiten, as datas da competición serán do 26 ao 28 de febreiro de 2021.

Comisión Gestora FGH.