Conclúe a Copa Galicia 2026 en Ourense coa cerimonia de entrega de premios, nunha fin de semana do mellor hóckey herba galego.
Tras as semifinais do sábado, que decidiron os equipos finalistas, na xornada do domingo disputáronse, en primeiro lugar, as finais de consolación, a continuación as finais absolutas, e para rematar a cerimonia de entrega de premios.
Neste acto contamos coa presenza do noso presidente, Roberto Baratta, o Tenente de Alcalde de Ourense, Anibal Pereira, e o Xefe do Servizo de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pérez.
A entrega de medallas e trofeos foi unha verdadeira festa da deportividade, con equipos aplaudindo a outros e mesmo facendo corredores aos campións e campioas.
Así, entregáronse as medallas e as copas na seguinte orde:
- Terceiro Clasificado Masculino OurenSticks.
- Terceiro Clasificado Feminino Irmáns Villar.
- 2º Masculino Cidade de Ourense.
- 2º Feminino Athletic Coruña.
- Máximo Goleador da liga Regular Masculina: Javier Grande C.H. Barrocás con 15 goles.
- Máxima Goleadora da liga Regular Feminina: Uxía Muños do OurenSticks con 10 goles
- Campión Masculino C.H. Barrocás.
- Campión Feminino OurenSticks.
No 4º posto remataron a competición os dous equipos do Hércules H.C. masculino e feminino.
Grazas a todos os clubs, á afección, aos xogadores, xogadoras e técnicos, aos colexiados e a todos os que fixestes posible esta Copa Galicia 2026.
Galicia é Hóckey.