EGAX: Escola Galega de Árbitros e Xuíces

¿Que é a EGAX?

A Escola Galega de Adestradores e Xuíces (EGAX) é o órgano básico integrado no Centro de Tecnificación de Galicia (CeTeGa) da Federación Galega de Hockey encargado de coordinar, programar e desenvolver as ensinanzas relacionadas coa formación, capacitación e perfeccionamento de colexiados e xuíces en distintos niveles instrutivos nas especialidades deportivas de hockey e hockey sala e os ámbitos afíns de coñecemento que estes niveles obrigan.

Será o órgano de xestión e custodia de ámbito autonómico dos requisitos, programas e convocatoria de formación así como do rexistro de titulacións de colexiados e xuíces que podan establecer as normas e recomendacións da REFH, Federación Europea e Federación Internacional de Hockey, así como o Ministerio de Educación y Ciencia e a Xunta de Galicia nas súas competencias.

A EGAX actuará en coordinación co Colegio Nacional de Arbitros da RFEH, e coas institucións docentes con recoñecemento académico oficial o por medio de convenios con Entidades en materias paralelas as recollidas nos planes de estudios.

¿Cómo funciona?

A Escola Galega de Árbitros e Xuíces, integrada na area correspondente do CeTeGa, depende da vocalía de Promoción da FGH e baixo a súa Dirección Técnica e en coordinación coa Dirección de Arbitros da FGH, se organiza en tres liñas de actuación:
Rexistro de Arbitros e Xuíces de Galicia.
o Este rexistro e de obrigada inscrición para todo os colexiados e xuíces galegos para formar parte da EGA e participar das súas actividades.
o Será rexistro básico para a emisión de licencias de no ámbito da FGH
Coordinación e organización de cursos e actividades.
o Cursos regulados nos ámbitos formativos determinados pola normativa vixente
o Outras actividades
Contidos e materiais formativos e técnicos.
o Identificación, recompilación e xeración de materiais de apoio, soporte e consulta para adestradores e técnicos
o Apoio e coordinación cos adestradores do CeTeGa e Seleccionadores Autonómicos no desenrolo de materiais e programas para a súa aplicación no centro.

¿Onde son as actividades?

A EGAX, como órgano integrado no CeTeGa ten a súa sede principal en Ourense, nas instalacións de hóckey de Mariñamansa, sitas na Universidade Laboral. Adicionalmente se desenvolven actividades presenciais en Coruña e Vigo, así como onde sexa relevante e as instalacións o permitan. E por suposto a EGAX promoverá as actividades formativas en ámbitos virtuais e de tele presenza coando sexa posible.

¿Quen participa?

Calquera persoa interesada nos contidos, actividades e tarefas da Escola Galega de Árbitros e Xuíces con algún tipo de licencia da FGH ou equivalentes previa inscrición no Rexistro de Arbitros e Xuíces de Galicia así como ó persoal nomeado pola FGH en tarefas asociadas no CeTeGa. Ocasionalmente, persoas e institucións colaboradoras nomeadas expresamente pola dirección do CeTeGa.

Actividades
As actividades serán oportunamente comunicadas e as convocatorias emitidas tanto ás persoas rexistradas no Rexistro de Arbitros e Xuíces de Galicia como os clubs rexistrados e publicados nos medios dixitais oportunos a disposición do CeTeGa e da FGH en tempo e forma.