Curso de Hóckey para o profesorado

O CETEGA da Federación Galega celebrará un Curso de Hóckey para profesorado en colaboración co CFR e a Xefatura de Educación da Xunta de Galicia en Ourense.

Esta formación está aberta a todos e todas os docentes e é totalmente gratuito.

Terá lugar no Campo de Mariñamansa de Ourense os días 16, 23, 30 de outubro e 6 de novembro, de 16.00 a 20.00h.

Será impartido por Álvaro Rodriguez Leal, nun curso que combinará sesións breves de teoría na aula do CETEGA e prácticas no propio campo.

Se coñecedes a mestres ou mestras de educación física que podan estar interesados ou interesadas en coñecer o noso deporte decirlles que poden inscribirse cun simple correo electrónico a [email protected]

 

Alfonso Rueda recibiu aos 46 olímpicos e paralímpicos galegos, xunto cos presidentes de cada federación

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, sinalou hoxe que os «resultados fantásticos» obtidos nos Xogos Olímpicos e Paralímpicos que se disputaron este verán en París reflicten o gran momento que vive o deporte galego.

Foi na recepción aos 46 deportistas que participaron en ambas as competicións onde o titular do Executivo galego apuntou que logros en competicións deportivas como estas danlle aos competidores e a toda Galicia unha visibilidade mundial. «Sodes un exemplo para todo o mundo, por suposto para a xente nova e, en xeral, para Galicia», afirmou o presidente.

Neste acto, a representación do hóckey galego recaeu no Carlos García Cuenca, seleccionador feminino, e no presidente da Federación Galega de Hóckey, Roberto Baratta.

 
 

Inaugurada a reforma do campo de As Travesas en Vigo

O pasado venres inaugurouse oficialmente o campo de As Travesas en Vigo,  tras ser renovada a súa herba artificial. 

O presidente da FGH, Roberto Baratta, estivo presente neste acto, convidado polo alcade de Vigo, Abel Caballero, que presidiu o acto xunto ao concelleiro e deportes.

No acto tamén estiveron presentes representantes do fútbol vigués, xa que o campo é mixto, apto para a práctica ambos os deportes.Así mesmo, estivo presente o Delegado da FGH en Vigo, Gaizka Garay. 

A nova herba está certificada tanto pola FIH como a FIFA.

A estrea desta nova superficie vén garantir a volta do Hóckey en Vigo ao área deportiva de As Travesas, continuando coas posibilidades de desenvolvemento do noso deporte na cidade olívica.