Este sábado tócalle aos máis cativos, no Campionato Galego de Hóckey Herba Prebenxamín e Benxamín en Mariñamansa

Despois da Copa Galicia dos maiores, chega a quenda dos máis pequenos e pequenas, co Campionato Galego de Hóckey Herba Prebenxamín e Benxamín Xunta de Galicia, este sábado 23 no Campo de Mariñamansa en Ourense.

Unha cita que congregará nunha mesma xornada a 19 equipos de ambas categorías, o que convirte este campionato na festa do hóckey de base de toda Galicia.

Na categoria Prebenxamín competirán:

  • CSA Ourense.
  • H.C. Santo Domingo de Padrón A.
  • H.C. Verín.
  • Albor C.H.
  • C.H. Barrocás.
  • Escola H.C.
  • H.C. Santo Domingo de Padrón B.
  • Atlántico H.C. 
  • OurenSticks.
  • Baronceli.
  • Támega.

Mentres, na categoria Benxamín farano:

  • Albor C.H.
  • Escola H.C.
  • Marinenses H.C.
  • H.C. Verín.
  • C.H. Barrocás.
  • Atlántico H.C.
  • CSA Ourense.
  • APA Oleiros.

Moita sorte a todos e a todas.

Galicia é Hóckey!!!

Publicado en Noticias.