OurenSticks campión galego de Hóckey Sala Cadete Masculino

O Polideportivo de Oira (Ourense) acolleu hoxe o Campionato Galego de Hockey Sala Cadete Xunta de Galicia. 

Neste torneo participaron os clubes OurenSticks, C.H. Albor e Escola H.C. 

Ao termo da desputa dos partidos o campión resultou o OurenSticks, primeiro posto que permítelles acudir ao sector nacional de Gijón. Segundo clasificado foi o C.H. Albor, que os clasfica para o sector nacional que se disputará en Madrid. E o terceiro posto foi para os rapaces coruñeses do Escola H.C.

A Copa Deputación de Ourense xa ten Campións

 

Onte, no campo de Mariñamansa (Ourense) disputouse a xornada final da Copa Deputación de Ourense e, salvo na categoría Xuvenil que aínda segue en competición, xa se coñece a clasificación final no reste de categorías, quedando da seguinte maneira:

Pre Benxamín:

1.⁠ ⁠CH Albor

2.⁠ ⁠CSA

3.⁠ ⁠CH Albor F

4.⁠ ⁠CH Barrocas

Benxamin:

1.⁠ ⁠CH Albor

2.⁠ ⁠CH Barrocas

3.⁠ ⁠CH Barrocas F

4.⁠ ⁠Ourensticks

Alevín:

1.⁠ ⁠CH ALbor

2.⁠ ⁠CH Albor F

3.⁠ ⁠CSA

4.⁠ ⁠Ourensticks

5.⁠ ⁠Ourensticks F

Infantil:

1.⁠ ⁠CH Albor

2.⁠ ⁠CH Barrocas

3.⁠ ⁠CSA

Na xornada de onte celebrouse a entrega de trofeos coa representación do Presidente da Federación Galega de Hóckey, Roberto Baratta.

 

Remata con éxito e moi boas expectativas o Curso de Hóckey para Mestres

 

Esta semana deuse por concluido o Curso de Hóckey para Profesorado. Unha formación impartida polo CETEGA da Federación Galega de Hockey en colaboración co CFR e a Xefatura de Educación da Xunta de Galicia en Ourense.

Nesta edición participaron 12 profesores de diversos colexios de toda a provincia de Ourense, que amosaron a súa satisfacción e gañas de probar o noso deporte nos seus coles.

O curso foi impartido por Álvaro Rodriguez Leal, e combinou sesións breves de teoría na aula do CETEGA e prácticas no propio campo de Mariñamansa.

Así, desde a Federación cremos que cumplimos co obxectico de achegar o hóckey aos formadores, para que podan actuar como prescriptores do mesmo entre a mocidade.

Abelardo Barbosa, recibe a medalla ao mérito deportivo da Deputación de Ourense

A homenaxe e entrega do galardón tivo lugar o pasado venres, durante o acto de entrega das bolsas que o goberno provincial outorga anualmente aos deportitas ourensáns.
 
A Deputación quixo así recoñecer a traxectoria de Abelardo Barbosa Álvarez, «que fixo do hóckey un modo de vida» e que recentemente foi distinguido pola Xunta coa medalla ao mérito deportivo.
 
O presidente resaltou que Abelardo foi «Un pioneiro que fixo do hóckey un modo de vida», quen aproveitou para felicitalo en nome de todos vos ourensáns «pola recente concesión por parte dá Xunta de Galicia dá medalla ao mérito deportivo».
 

Eugenio Paulón, seleccionador sub18 feminino visitou o Centro de Tecnificación de Galicia

A pasada fin de semana, no Campo de Mariñamansa de Ourense, o CETEGA e a Selección Feminina Galega Sub18 tiveron a oportunidade de aprender e mellorar da man do actual Seleccionar Nacional sub18, Eugenio Paulón.

O seleccionador realizou unha sesión teórica previa con técnicos galegos na aula do CETEGA e, a continuación, unha sesión de adestramento coas mozas da selección galega.

Desde a Federación seguimos traballando para facer da tecnificación uno dos nosos valores.

 

Curso de Hóckey para o profesorado

O CETEGA da Federación Galega celebrará un Curso de Hóckey para profesorado en colaboración co CFR e a Xefatura de Educación da Xunta de Galicia en Ourense.

Esta formación está aberta a todos e todas os docentes e é totalmente gratuito.

Terá lugar no Campo de Mariñamansa de Ourense os días 16, 23, 30 de outubro e 6 de novembro, de 16.00 a 20.00h.

Será impartido por Álvaro Rodriguez Leal, nun curso que combinará sesións breves de teoría na aula do CETEGA e prácticas no propio campo.

Se coñecedes a mestres ou mestras de educación física que podan estar interesados ou interesadas en coñecer o noso deporte decirlles que poden inscribirse cun simple correo electrónico a [email protected]

 

Alfonso Rueda recibiu aos 46 olímpicos e paralímpicos galegos, xunto cos presidentes de cada federación

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, sinalou hoxe que os «resultados fantásticos» obtidos nos Xogos Olímpicos e Paralímpicos que se disputaron este verán en París reflicten o gran momento que vive o deporte galego.

Foi na recepción aos 46 deportistas que participaron en ambas as competicións onde o titular do Executivo galego apuntou que logros en competicións deportivas como estas danlle aos competidores e a toda Galicia unha visibilidade mundial. «Sodes un exemplo para todo o mundo, por suposto para a xente nova e, en xeral, para Galicia», afirmou o presidente.

Neste acto, a representación do hóckey galego recaeu no Carlos García Cuenca, seleccionador feminino, e no presidente da Federación Galega de Hóckey, Roberto Baratta.

 
 

Inaugurada a reforma do campo de As Travesas en Vigo

O pasado venres inaugurouse oficialmente o campo de As Travesas en Vigo,  tras ser renovada a súa herba artificial. 

O presidente da FGH, Roberto Baratta, estivo presente neste acto, convidado polo alcade de Vigo, Abel Caballero, que presidiu o acto xunto ao concelleiro e deportes.

No acto tamén estiveron presentes representantes do fútbol vigués, xa que o campo é mixto, apto para a práctica ambos os deportes.Así mesmo, estivo presente o Delegado da FGH en Vigo, Gaizka Garay. 

A nova herba está certificada tanto pola FIH como a FIFA.

A estrea desta nova superficie vén garantir a volta do Hóckey en Vigo ao área deportiva de As Travesas, continuando coas posibilidades de desenvolvemento do noso deporte na cidade olívica.

 

 
 

Fecha límite inscripciones clubs temporada 2024/25: viernes 30/08/2024

El próximo viernes 30/08/2024 a las 20.00h finaliza el plazo de recepción de solicitudes de inscripciones de clubs en la FGH y RFEH para la próxima temporada 2024/25.

Las solicitudes de inscripción se realizan mediante envío de la documentación necesaria a la dirección email [email protected] con copia  [email protected]:

 

 

Camp Multideporte 2024

Xa está aberto o prazo de inscrición nos Camps Multiaventura para este verán.  

Unha atividade organizada pola Federación Galega de Hóckey coa financiación da Xunta de Galicia enmarcada dentro do Plan Corresponsables do Ministerio de Igualdade do Goberno de España.

Este ano o Camp terá sede na Coruña e en Ourense, está dirixidio a nenos e nenas de 6 a 16 anos, e celebrarase en agosto do 5 ao 9, do 12 ao 16, do 19 ao 23 e do 26 ao 30, e rematará en setembro do 2 ao  6.