O luns 8 de maio tivo lugar a presentación da FINAL a 4 da Copa Galicia 2023 de hóckey herba. Os 4 primeiros clasificados, en categoría sénior masculina e feminina, disputarán este Torneo os próximos 13 e 14 de maio no campo de Mariñamansa.
Asistiron á presentación Gabriel Alén (Delegado da Xunta en Ourense), Rosendo Fernández (Vicepresidente da Deputación Provincial), Aníbal Pereira (representante do Concello de Ourense), e Roberto Baratta, Presidente da Federación Galega de Hóckey. Agradecer o apoio das diferentes instituciones públicas representadas e tamén ao patrocinador oficial de Copa Galicia, VILA CASTRO Asesores.