Tras o remate das competicións séniors masculina e feminina de ámbito galego, celébrase unha FINAL a 4 para disputar o trofeo da Copa Galicia 2023. Clasifícaronse os 4 primeiros equipos, que xogarán o sábado as semifinais: 1º contra 4, e 2º contra 3º, en ambas categorías: masculina e feminina. Na xornada do domingo pola mañán xogaranse os partidos do 3er-4º posto e as FINAIS.
O CALENDARIO de partidos da Copa Galicia sería o seguinte:
Sábado 13 Maio
11:00 Semifinal Feminina 2º vs 3º: At. Coruña HC – CH Albor
13:00 Semifinal Masculina 1 vs 4º: Santo Cristo – Escola Hockey A Coruña
15:00 Semifinal Femenina 1º vs 4º: Villar Ourense – Atlántico Vigo HC
17:00 Semifinal Masculina 2º vs 3º: CH Albor – Cidade de Ourense
Domingo 14 Maio
9:00 Partido 3º vs 4º Feminino
10:30 Partido 3º vs 4º Masculino
12:00 FINAL FEMININA
13:30 FINAL MASCULINA
14:45 ENTREGA TROFEOS
**Entregaranse tamén os trofeos aos máximos goleadores das Ligas galegas de Primeira Nacional:
Feminino: Lucía Lamelas
Masculino: David Aguiar