O equipo ourensán do Villar Ourense, proclamouse Campión galego infantil feminino de hóckey sala, nun campionato galego disputado o sábado 6 de maio no polideportivo de Oira, en Ourense.
En doble partido, derrotaron ao At. Coruña HC -subcampión galego- cos resultados de 4-3 e 2-8. O Campión galego accede directamente á Fase Final do Campionato de España, que se disputará en Ourense do 18 ao 21 de maio.