Os nosos Sub14 rumbo a Asturias para disputar o Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Hóckey Herba

Xixón será a sede do Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Hóckey Herba Sub14 Masculino e Feminino, desde mañá xoves ao domingo 22, e cara alí viaxan hoxe nosas dúas seleccións.

Un torneo que se disputará entre os campos de xogo da Universidade Laboral e o Real Club de Cultura Covadonga e no nosos mozos e mozas enfrontaranse ás outras seleccións autonómicas paticipantes. 

Os mozos farano fronte a Cantabria, Asturias, Aragón, Comunidade Valenciana e Andalucía. Mentres, as mozas farán o propio fronte a Cantabria, Asturias, Canarias, Comunidade Valenciana e Andalucía.

Desde aquí desexámoslles moitísima sorte a todos e a todas.

Galicia é Hóckey!!!

Publicado en Noticias.