Onte, domingo 15 de marzo, celebráronse en Verín os Campionatos Galegos de Hóckey Sala Prebenxamín e Benxamín Xunta de Galicia.
Unha xornada espectacular pola participación dos clubes de toda Galicia que encheron de hóckey sala dos máis pequenos os dous pavillóns verineses que foron sede dos torneos.
Ata 9 clubs no campionato Prebenxamín e 7 no Benjamín, demostraron que as canteiras do hóckey galego gozan de boa saúde.
Tras a disputa de todos os partidos celebráronse as cerimonias de entrega de medallas para todos os participantes. Uns actos nos que estivo presente Roberto Baratta, Presidente da FGH, acompañado de Diego Lourenzo, Tenente de Alcalde do Concello de Verín.
Parabéns a todos e a todas: clubes, nenos e nenas, adestradores e adestradoras, e tamén papis e mamis… Grazas por unha xornada de hóckey sala de base tan incrible.
Galicia é Hóckey!!!