Prata masculina e 6º posto feminino no Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub14

Dende o pasado xoves 19 de marzo ata hoxe mesmo, disputouse en Xixón o Campionato de España de Hóckey Herba de Seleccións Autonómicas Sub14.

Galicia tivo un papel destacado neste torneo, alcanzando o Subcampionato co seleccionado masculino, que caía na final ante Andalucía, e un máis que meritorio 6º posto, coa selección feminina, que caía nos «shoot outs» ante Canarias, despois de empatar a cero.

Ademais, o noso hóckey estivo representado con solvencia a nivel arbitral, con Aitana Rodríguez e Mateo Oseguera, e tamén a nivel técnico, con Carlos Domínguez como oficial técnico.

Cabe resaltar que dous dos nosos mozos, Xabi González e Simón Cid, foron recoñecidos como os Mellores Xogadores do Campionato Masculino, cun empate nas votacións.

Parabéns a todos e a todas. 

Galicia é Hóckey!!!

A continuación deixámosvos dúas amplas galerías de fotos das nosas seleccións e a súa participación durante estes días en Asturias. Fotografías: @mspress_agency

 

Galería Selección Masculina

Galería Selección Feminina

Publicado en Noticias.