Verín será mañá a capital do Hóckey Sala Galego de Base

Mañá, domingo 15 de marzo, Verín acolle os Campionatos Galegos de Hóckey Sala Prebenxamín e Benxamín Xunta de Galicia. 

No Polideportivo de «A Granxa» celébrase o Prebenxamín e no Polideportivo Municipal o Benxamín.

A estes campionatos chegan os mellores equipos da liga regular de cada unha das provincias galegas. 

Así, na categoría Prebenxamín competirán: H.C. Santo Domingo de Padrón, OurenSticks, C.H. Támega, Irmáns Villar, H.C. Verín, Atlántico H.C., Albor C.H., Escola H.C. e C.H. Barrocás. 

Mentres, no torneo Benxamín farano: Albor C.H., C.H. Barrocás, Escola H.C., APA Oleiros, Atlántico H.C., Irmáns Villar e H.C. Verín. 

Sen dúbida será unha xornada única na que os máis pequenos do noso deporte gozarán competindo e compartindo o seu hóckey sala.

Moita sorte a todos e a todas.

Galicia é Hóckey!!!

Publicado en Noticias.