Nesta fin de semana adicada aos Alevíns, tamén se celebrou o Campionato Galego de Hóckey Sala Alevín Mixto Xunta de Galicia.
O domingo, no Polideportivo Municipal de Oira de Ourense, e co C.H. Albor como co-organizador disputouse o campionato na modalidade Mixta.
A clasificación final foi:
1º C.H. Albor
2º Escola H.C.
3º A.D. Cristo Rey
4º Atlántico H.C.
5º Verín H.C.
Outra xornada chea de amizade, deportividade e moito hóckey.
Parabéns a todos e a todas.