Desde mañá e ata o domingo os nosos mozos e mozas participarán no Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se celebra en Valencia.
Un torneo no que a selección masculina medirase a Cataluña, Euskadi, Comunidade Valenciana, Asturias, Cantabria, Canarias, Aragón, Andalucía e Comunidade de Madrid. E a nosa selección feminina farao fronte ás mesmas comunidades ás que se engade a Rexión de Murcia.
Mañá xoves darán comezo os partidos, sendo as mozas as primeiras en debutar ás 11:45h fronte a Canarias. E os mozos xogarán o seu primeiro partido ás 16:15h fronte a un rival que sairá do vencedor do partido entre Aragón e Valencia que se disputa pola mañá.
Os partidos poden seguirse en Streaming a través da Canle de Youtube da Federación Valenciana de Hóckey: https://www.youtube.com/@FHCVTV
Desde aquí desexámoslle o mellor aos nosos mozos e mozas!!!!
Imos Galicia!!!

