O pasado sábado celebrouse o Campionato Galego de Hóckey Sala Alevín Feminino Xunta de Galicia.
O Polideportivo Municipal do Ventorrillo foi a sede deste torneio que estivo co-organizado polo Escola H.C.
A clasificación final do campionato foi a seguinte:
1º Escola H.C.
2º OurenSticks
3º Barrocás C.H.
Unha xornada de bo ambente na que se compartiron momentos de deportividade e amizade.
Parabéns a todos e a todas.