Cena-gala do hóckey galego

O sábado 13 de maio, coincidindo coa celebración da Copa Galicia de hóckey herba en Ourense, tivo lugar a cita anual do hóckey galego. O acto desenvolveuse no Liceo Recreo Ourensán. Membros da Directiva da FGH, responsables de diferentes áreas deportivas e organizativas, fixeron balance da tempada 22-23 e expuxeron os diferentes obxectivos e proxectos para a nova tempada que comenzará no mes de setembro.

Tamén tiveron oco varios recoñecementos, a deportistas e árbitros, polos logros obtivos nesta tempada:
Carlota Álvarez, do CH Albor (Selección sub16)
Manuel Lamelas, do CSA Ourense (Selección sub16)
Lucía Lamela, do Villar Ourense (Selección sub16)
Francisco Masid, estamento arbitral da FGH.

Publicado en Noticias.